Na Coruña Contas

Volver

Centro de culto interrelixioso

@Argos_DeCore@mastodon.gal @Argos_DeCore@mastodon.gal  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2802

Creación de un centro de culto público e interrelixioso que facilite o disfrute efectivo do dereito de liberdade relixiosa.

Na cidade conviven diferentes minorías relixiosas que fan os seus cultos en baixos e outros lugares que non son axeitados para esa actividade, por non dispoñer de equipamentos suficientes e porque marxinalizan os seus fieis. Con frecuencia os cidadáns pertencentes a minorías relixiosas pertencen tamén a minorías étnicas, polo que a deficiencia e baixa calidade dos seus centros de culto convértese nun elemento marxinalizador adicional.

Para facilitar o desfrute efectivo do dereito de liberdade de relixiosa e culto, e o recoñecemento do pluralismo social, propoño a creación de un centro de culto interconfesional e plural, a disposición das confesións relixiosas minoritarias, que prime os valores de convivencia e respecto aos dereitos humáns, que sexa un lugar digno, accesible dende toda a cidade para persóas de todo nivel económico, visible, non agochado e integrador, seguindo os criterios da "Guía de apoyo a la gestión de la diversidad religiosa. Lugares de culto, ciudades y urbanismo" do Observatorio do Pluralismo Relixioso en España (http://www.observatorioreligion.es/upload/92/92/Guia_lugares_de_culto.pdf).

O resultado podería ser algo así como un centro cívico especializado no feito relixioso, con espacio ou espacios de culto e biblioteca especializada.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • ramon61

    TODAS as relixíóns da primeira a última foron SEMPRE un atraso para o ser humano, así como as primerias causantes de guerras, torturas, door, sufrimento e privilexios para os que as apoiaban (reis, papas, condes, califas, predicadores, etc.).
    Vivimos moi ben sin elas e a sua decadencia directamente proporcional a evolución civilizada dos estados non é casualidade.
    Nin un euro pra dar un paso atrás hacia a idade media coma proclaman o 99,99% delas, pensemos no ano 3000 non no 1500.

      • @Argos_DeCore@mastodon.gal

        Ramon 61, explicaches moi ben e con claridade o teu punto de vista, entendo que consideras que a relixión é un mal que convén erradicar. Pero ese non é un criterio polo que poida actuar unha administración pública coa lexislación vixente. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Constitución española protexen a liberdade relixiosa e protexen as crenzas relixiosas, determinando que os poderes colaborarán coas diferentes confesións. En absoluto as considera un mal a erradicar como poden ser os malos tratos domésticos, o tráfico de drogas ou a dobre fila.

        Polo principio de aconfesionalidade ou laicidad, o Concello e demáis institucións públicas deben ser neutráis respecto as diferentescrenzas relixiosas, por tanto non poden tomar partido por una crenza antirelixiosa excluindo ás outras, pois o rexeitamento da relixión non deixa de ser unha crenza máis. En calquera caso, dada a túa postura, é lóxico que non votes a favor da proposta, por máis que sexa unha proposta ben lexítima.

          • ramon61

            ¿Onde falo eu de "ERRADICAR"?
            Eu falo de que "cada tolo co seu tema" nin eu teño porqué poñer un euro dos meus impostos a quen pensa distinto a min, nin viceversa.
            Precisamente porque eu respeto as creencias dos demáis me gustaría que respetasen as miñas e si “a Constitución dice…” eu estou (gracias a civilización e a democracia, non a relixión) no meu dereito de non estar de acordo con ela.
            As relixións se erradican soas, a golpe de cultura e razoamento. E a demostración empírica é que a obriga a creer e a "devoción" a todo o que ulise a incienso dende os anos 60 ata o de agora (época que coñezo) e como do dia a noite, e péselle a quen lle pese séguese a avanzar, inda que non descarto que nun futuro os salva almas tipo DAESH ou a nova Santa Inquisición, non nos retrotraigan 1500 anos atrás.

            Sen respostas
  • finareg59

    De acordo con Oscar.
    As confesións que se paguen cad unha a sua ideología.
    Os agnósticos ou ateos non piden centros pra proclamar as suas e son mayoría a poboación, e menos a un Axuntamento, que non ten ningunha competencia sobor do tema.

      • @Argos_DeCore@mastodon.gal

        Os Concellos si que teñen competencias para facer un centro interrelixioso, tanto polo artigo 16.3 da Constitución, como porque a Lei de Bases do Réxime Local lles da competencias para atender situacións de risco de exclusión social (como o das minorías relixiosas) e a promover a cultura e os equipamentos culturáis (a relixión é unha manifestación cultural, ainda que non lle teña que gustar a todo o mundo).

        Se os agnósticos ou ateos queren pedir algún centro ou pedir que lles deixen unha sá nun centro cívico para dar unha conferencia, que o fagan, pero o certo e que non teñen a mesma necesidade dun espacio físico que a que teñen as comunidades relixiosas.

        Só dende posicións liberáis radicales cabería defender que os oderes públicos non poden apoiar manifestacións culturáis.

        Poño algunhas referencias legáis:
        Artigo 16.3 da Constitución.
        Artigo 25.2, letras e) e máis m), da Lei de Bases do Réxime Local.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos