Na Coruña Contas

  • ramon61

    TODAS as relixíóns da primeira a última foron SEMPRE un atraso para o ser humano, así como as primerias causantes de guerras, torturas, door, sufrimento e privilexios para os que as apoiaban (reis, papas, condes, califas, predicadores, etc.).
    Vivimos moi ben sin elas e a sua decadencia directamente proporcional a evolución civilizada dos estados non é casualidade.
    Nin un euro pra dar un paso atrás hacia a idade media coma proclaman o 99,99% delas, pensemos no ano 3000 non no 1500.

      • @Argos_DeCore@mastodon.gal

        Ramon 61, explicaches moi ben e con claridade o teu punto de vista, entendo que consideras que a relixión é un mal que convén erradicar. Pero ese non é un criterio polo que poida actuar unha administración pública coa lexislación vixente. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Constitución española protexen a liberdade relixiosa e protexen as crenzas relixiosas, determinando que os poderes colaborarán coas diferentes confesións. En absoluto as considera un mal a erradicar como poden ser os malos tratos domésticos, o tráfico de drogas ou a dobre fila.

        Polo principio de aconfesionalidade ou laicidad, o Concello e demáis institucións públicas deben ser neutráis respecto as diferentescrenzas relixiosas, por tanto non poden tomar partido por una crenza antirelixiosa excluindo ás outras, pois o rexeitamento da relixión non deixa de ser unha crenza máis. En calquera caso, dada a túa postura, é lóxico que non votes a favor da proposta, por máis que sexa unha proposta ben lexítima.

          • ramon61

            ¿Onde falo eu de "ERRADICAR"?
            Eu falo de que "cada tolo co seu tema" nin eu teño porqué poñer un euro dos meus impostos a quen pensa distinto a min, nin viceversa.
            Precisamente porque eu respeto as creencias dos demáis me gustaría que respetasen as miñas e si “a Constitución dice…” eu estou (gracias a civilización e a democracia, non a relixión) no meu dereito de non estar de acordo con ela.
            As relixións se erradican soas, a golpe de cultura e razoamento. E a demostración empírica é que a obriga a creer e a "devoción" a todo o que ulise a incienso dende os anos 60 ata o de agora (época que coñezo) e como do dia a noite, e péselle a quen lle pese séguese a avanzar, inda que non descarto que nun futuro os salva almas tipo DAESH ou a nova Santa Inquisición, non nos retrotraigan 1500 anos atrás.

            Sen respostas