Na Coruña Contas

  • @Argos_DeCore@mastodon.gal

    Os Concellos si que teñen competencias para facer un centro interrelixioso, tanto polo artigo 16.3 da Constitución, como porque a Lei de Bases do Réxime Local lles da competencias para atender situacións de risco de exclusión social (como o das minorías relixiosas) e a promover a cultura e os equipamentos culturáis (a relixión é unha manifestación cultural, ainda que non lle teña que gustar a todo o mundo).

    Se os agnósticos ou ateos queren pedir algún centro ou pedir que lles deixen unha sá nun centro cívico para dar unha conferencia, que o fagan, pero o certo e que non teñen a mesma necesidade dun espacio físico que a que teñen as comunidades relixiosas.

    Só dende posicións liberáis radicales cabería defender que os oderes públicos non poden apoiar manifestacións culturáis.

    Poño algunhas referencias legáis:
    Artigo 16.3 da Constitución.
    Artigo 25.2, letras e) e máis m), da Lei de Bases do Réxime Local.

    Sen respostas