A Porta Aberta

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Toda a cidade

Gran Bosque A Coruña ( por fases)

  3 comentarios  •  12/05/2019  •  pelines

Crear  o grande bosque da cidade no entorno do castro de elviña por fases para facilitar o seu nacemento.

Sería unha mellora da contorna do castro e convertiriase nun centro de visitas para a nosa cidade.

1.000.000 €
Toda a cidade

Cidade Peonil

  6 comentarios  •  08/05/2019  •  anxo_gz

Creo lembrar que segundo a directiva europea a partires do 2023, os centros da cidade terán que ser peonís, eu iría adiantando esa data e ir facendo peonís algunhas rúas da cidade de xeito gradual para que o troco non sexa tan drástico, e non só o faría no centro, senón tamén faría peonís rúas doutros barrios da cidade con pouco tránsito ou rúas pequenas e que dun xeito fosen artellando unha rede de carrís peonís. Qué non todos sabemos ou podemos andar en bicicleta!!.

1.000.000 €
Xardíns Colgantes de Le Havre (Francia)
Toda a cidade

Xardín Botánico de Galicia

  4 comentarios  •  25/04/2019  •  smlebo

Os Museos Científicos son un dos emblemas da Coruña, aínda que poidan precisar dunha modernización e actualización. Pero xunto aos existentes, boto en falta un dedicado á riqueza da flora do país.

Por iso propoño o estudo do proxecto de creación do Xardín Botánico de Galicia. Un espazo onde se recollan e se explique as especies vexetais galegas (tanto de costa coma de interior) e que sirva tamén para a investigación. Tomando inspiración nos célebres ‘Xardíns colgantes’ de Le Havre (https://es.wikipedia.org/wiki/Jardins_suspendus_(Le_Havre)), situados nun forte na cima dun monte dende onde se domina a panorámica da cidade, proporía a súa localización no Monte de San Pedro, aínda que poderían estudarse outros lugares, coma os peiraos liberados do porto.

Propoño o estudo do proxecto posto que o orzamento non sería suficiente para a construción e posta en marcha do mesmo.

1.000.000 €
Toda a cidade

Bicicoruña electrica e útil para todos

  4 comentarios  •  20/05/2019  •  perelita

Poñer mais estacións de bicicoruña por toda a cidade e cambiar o parque de bicis por eléctricas.

Pouca é a xente con forma física adecuada para subir a ronda de Outeiro ou subir ata o Castrillón. 

Habería que poñer mais estacións por toda a Cidade. As que hai agora chegan a un porcentaxe de poboación moi pequeno. Sería interesante tamén intentar que o servicio chegue ata a área metropolitana.

Poñer cascos encadeados nas estacións para aqueles usuarios que queiran facer uso deles. 

Algunhas das bicis de cada estación deben ter portanenos incorporados ou ben de maneira semellante aos cascos, encadeados pra uso de todos. 

O servicio debe estar aberto as 24horas. 

 

 

 

980.000 €
Toda a cidade

Estaciones de BiciCoruña en los 14 centros de salud

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  jabovin

Ubicar una estación de bicicoruña en cada uno de los centros de salud de la ciudad. Además de solucionar la problemática del aparcamiento permite crear el hábito de salud de asociar la atención sanitaria con el cuidado del medio ambiente.

914.760 €
Estación de bicicletas públicas con cuberta na Universidade dekenitra (Marrocos)
Toda a cidade

Cuberta para as estacións de Bicicoruña

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  monchovazquez

Se ben xa foron achegadas outras propostas de aparcadoiros cubertos para bicicletas particulares, enténdese que infraestruturas similares serían positivas para o sistema Bicicoruña. Isto reduciría as avarías derivadas da exposición das bicicletas públicas á intemperie (choiva, luz solar, etc), mellorando a dispoñibilidade do servizo para as persoas usuarias e reducindo significativamente custes de mantemento.

877.250 €
Escaleiras actuais
Toda a cidade

Instalación dun ascensor na Rúa Historiador Vedía

  15 comentarios  •  16/05/2019  •  Martín Río

En consonancia coa política de mellorar a accesibilidade, proponse a instalación dun ascensor na rúa Historiador Vedía.  Esta é moi transitada, nunha zona con moitas costas, e na que a alternativa supón desviarse moito se non se queren usar as escaleiras. Actualmente, impiden o paso a persoas con mobilidade reducida, familias con carros de nenos ou xente que leva bultos. Ademáis nun dos sotos atópase a A.C.Xacarandaina, que leva traballando a prol da cultura tradicional desde o 1978 e conta con máis de 1000 socios e máis de 600 persoas que acuden semanalmente a actividades, e esta situación impide o acceso a moitas persoas que deixan de asistir á Asociación.  A mellor opción sería a instalación dun ascensor que facilitara o tránsito, entendendo que este non se podería garantir cunhas escaleiras mecánicas, e sería necesario que tivera paradas nos diferentes sotos ao longo da escaleira.

715.000 €
Rúa Panaderas
Toda a cidade

REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS

  3 comentarios  •  25/04/2019  •  A. Martínez

Reordenación do tráfico desta rúa, estudando a implantación de circulación nunha única dirección, en sentido baixada dende o Campo da Leña, desviando o tráfico de subida cara a rúa Hospital.

Ampliación das beirarrúas existentes, dotando de protagonismo ó futuro paso peonil entre Panaderas e Pío XII

700.000 €
Toda a cidade

BICICORUÑA NOS MERCADOS MUNICIPAIS

  Sen comentarios  •  21/05/2019  •  lrf

Instalación dunha estación de Bicicoruña en todos os mercados municipais

588.060 €
Parque de Santa Margarida
Toda a cidade

PRIMEIRA FASE DE SUSTITUCIÓN DO ARBORADO POR AUTÓCTONAS EN SANTA MARGARIDA

  Sen comentarios  •  25/04/2019  •  A. Martínez

Continuar o proceso de eliminación de eucaliptos e outras especies inapropiadas no parque de Santa Margarita por outras especies autóctonas.

Para facilitar a realización deste proceso e garantir unha participación máis plural, proponse dividir as áreas de parque en diferentes zonas de actuación, a fin de que a partida sexa dun coste menor á da intervención global e permita a súa realización en diferentes anos.

Así pois, no parque de Santa Margarida hai uns 100 pes de Eucalipto e é preciso realizar unha adecuación dos 10.000 m2 potencialmente afectados polos eucaliptos.

Por iso proponse a división da actuación en 4 fases, sendo esta proposta a primeira delas. 

500.000 €