Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Estado actual con coches aparcados na beirarrúa

Instalar bolardos no cruce entre as rúas Vila de Negreira e Xosé Amor López

21/05/2019  •  brunorcd  •  Distrito 9

Dende que se fixo a remodelación deste cruce, o habitual é ver coches subidos nas beirarrúas. Puxéronse uns bancos de pedra para evitalo, mais continuan aparcando mal como pode verse na imaxe.

Proponse a instalación de bolardos en todas as esquinas, pasos de peóns e na entrada ao garaxe, zona clave pola que acceden os coches á beirarrúa.

Os coches mal aparcados nesta cidade é un problema moi grave que hai que solucionar. A cidade é das persoas.

vista aérea de la zona de actuación

¨Mejora zona verde del paseo marítimo (zona previa a la Rotonda)

29/04/2019  •  ma_vf  •  Distrito 9

Esta zona propuesta para su mejora, se ve abandonada con respecto a las mejoras realizadas a lo largo de todo el paseo marítimo.

Como se puede observar en la imagen aérea, se ha mejorado el pavimento del paseo y de la Rotondo en cambio, esta zona sigue manteniendo el asfalto y en muy mal estado.

Los bancos no han sido cambiados por los nuevos bancos que estan presentes en todo el paseo marítimo. Los que hay actualmente, estan sobre una plataforma elevada aproximadamente unos 10cm que dificultan su accesibilidad y los cantos no son romos aumentando los riesgos.

Tambien se hace necesaria la presencia de un mayor número de papeleras en la zona.

 

BEIRARRÚAS, CARRIL BICI E ARBORES NA AVDA. DAS CONCHIÑAS É RÚA ALFREDO TELLA

29/04/2019  •  edelmiro  •  Distrito 9

Carril bici en toda a Avda. das Conchiñas, dende a Rúa Alfredo Tella ata Rúa Aaiún.

Mellora das Beirarrúas dos tramos se rematar da Avda. das Conchiñas e Rúa Alfredo Tella.

Mais arborado en Rúa Alfredo Tella, Avda. das Cochiñas e Praza , Praza do Comercio e Rúa Aaiún.

 

 

 

Parque e área de aparcamento gratuito na parcela do Observatorio

30/04/2019  •  Veciña  •  Distrito 9

O barrio do Agra do Orzán necesita de espazos verdes pero tamén é patente a escaseza de aparcamento dispoñible pola falta de garaxes o que a súa vez favorece prezos de aluguer altos para un barrio de xente obreira (exemplo: no parking das Conchiñas o aluguer ronda os 80 euros/mes e a data de febreiro de 2019 había lista de agarda para obter praza). Por tanto, propoño que a parcela do Observatorio poida destinarse principalmente para unha zona verde tan necesitada para desfrute dos veciños, pero tamén poida reservarse unha pequena parcela para aparcamento gratuito que sen dúbida aliviará o problema de aparcamento do barrio (aparcamento que xa está case feito pola entrada da rúa Canceliña).

Estado actual da Avenida Calvo Sotelo

Reforma da Avenida Calvo Sotelo

20/05/2019  •  brunorcd  •  Distrito 9

Actualmente este tramo da Avenida Calvo Sotelo, de dobre dirección, sempre presenta coches en dobre fila. Proponse a humanización da rúa, que está nunha zona na que hai moitos colexios, coa ampliación das beirarrúas e prantación de árbores, xa que o espazo para os coches na actualidade é excesivo, como pode verse na imaxe entran ata 3 coches en paralelo.

Rúa Alfredo Tella

HUMANIZACIÓN RÚA ALFREDO TELLA

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Distrito 9

Actualmente esta rúa supón un corredor moi concorrido entre O Ventorrillo e o Agra do Orzán. Proponse a ampliación de beirarrúas, actualmente estreitas e en mal estado, a renovación da red de saneamento e a conexión das baixantes de pluviais coa mesma (actualmente desaugan na rúa), así como a plantación de arborado e a mellora da seguridade peonil nos cruzamentos e pasos de peóns. 

peons_canarias-colombia.jpg

Reducción de velocidade en paso de peóns da avenida Gran Canaria/Rúa Colombia

21/05/2019  •  monfero  •  Distrito 9

Trátase dun paso de peóns con moito paso de xente e coincide cunha parada do bus urbano, o que aumenta a súa perigosidade.

Propoño a instalación de medidas de reducción da velocidade do tráfico no paso de peóns da avenida Gran Canaria, á altura da rúa Colombia: elevación da calzada, bandas sonoras, ...

Mapa de BiciCoruña, el punto rojo sería la ubicación

Creación dunha estación de BiciCoruña no Parque dos Mariñeiros

20/05/2019  •  brunorcd  •  Distrito 9

Esta zona de la ciudad se encuentra actualmente sin una estación de BiciCoruña cerca, siendo la más cercana la de las Conchiñas o la Casa del Agua.

avdaGranCanariaPeonil.jpg

Peonalización dun tramo da avenida Gran Canaria

20/05/2019  •  pleira  •  Distrito 9

Peonalizar o tramo da avenida Gran Canaria que vai dende o cruce coa rúa Venezuela ata o cruce coa rúa Archer Milton. Esta medida crearía un centro comercial aberto no barrio, ao estilo da rúa Barcelona pero en menor tamaño, facendo un entorno sen coches no barrio, onde a xente puidera pasear tranquilamente. Proponse esta zona en concreta por ser a de máis actividade comercial do barrio ao haber moitos locais a ambos lados. Faríase así unha zona onde os xente maior e os nenos e nenas se sentisen máis seguros, sen ter que preocuparse dos coches.  

O tráfico sería desviado por Archer Milton. Os garaxe seguirían sendo accesibles polos seus usuarios, así como habería un tempo para a carga e descarga, As prazas de aparcamento podería ser recuperadas no paseo marítimo, facendo que se reduza a velocidade á que van os coches na avenida de San Roque, acendo o carril bici maís seguro.

plazaportugal.jpg

Mejora parque infantil y acceso Plaza de Portugal (Riazor)

29/04/2019  •  unvecino  •  Distrito 9

El parque infantil de la Plaza de Portugal actualmente es testimonial (un tobogán y un columpio). Sin embargo es una zona de mucho tránsito y paseo por residentes y turistas (zona estadio, polideportivo, zona paseo marítimo, colegios, etc.). Sería necesario ampliar la zona infantil.  Además es poco segura para niños ya que no está vallada o aislada y está muy cerca de múltiples calles con tráfico. Además la Plaza de Portugal es una zona "aislada" del Paseo Marítimo ya que los pasos de peatones están muy alejados de este. Sería necesario mejorar su accesibilidad a/desde el Paseo Marítimo creando un nuevo paso de peatones o reubicándolos.