Na Coruña Contas

Volver

Parque e área de aparcamento gratuito na parcela do Observatorio

Veciña Veciña  •  30/04/2019  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1857

O barrio do Agra do Orzán necesita de espazos verdes pero tamén é patente a escaseza de aparcamento dispoñible pola falta de garaxes o que a súa vez favorece prezos de aluguer altos para un barrio de xente obreira (exemplo: no parking das Conchiñas o aluguer ronda os 80 euros/mes e a data de febreiro de 2019 había lista de agarda para obter praza). Por tanto, propoño que a parcela do Observatorio poida destinarse principalmente para unha zona verde tan necesitada para desfrute dos veciños, pero tamén poida reservarse unha pequena parcela para aparcamento gratuito que sen dúbida aliviará o problema de aparcamento do barrio (aparcamento que xa está case feito pola entrada da rúa Canceliña).

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que declarala inviable porque a área comentada forma parte, dentro do Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal, dun polígono privado pendente de desenvolvemento, polo tanto non se podería facer a actuación comentada.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos