A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

HUMANIZACIÓN RÚA ALFREDO TELLA

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Distrito 9  •    Sen comentarios

Rúa Alfredo Tella
Rúa Alfredo Tella

Código proposta de gasto: 1725

Actualmente esta rúa supón un corredor moi concorrido entre O Ventorrillo e o Agra do Orzán. Proponse a ampliación de beirarrúas, actualmente estreitas e en mal estado, a renovación da red de saneamento e a conexión das baixantes de pluviais coa mesma (actualmente desaugan na rúa), así como a plantación de arborado e a mellora da seguridade peonil nos cruzamentos e pasos de peóns. 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.