Na Coruña Contas

Volver

Reforma da Avenida Calvo Sotelo

brunorcd brunorcd  •  20/05/2019  •  Distrito 9  • 

Estado actual da Avenida Calvo Sotelo
Estado actual da Avenida Calvo Sotelo

Código proposta de investimento: 2195

Actualmente este tramo da Avenida Calvo Sotelo, de dobre dirección, sempre presenta coches en dobre fila. Proponse a humanización da rúa, que está nunha zona na que hai moitos colexios, coa ampliación das beirarrúas e prantación de árbores, xa que o espazo para os coches na actualidade é excesivo, como pode verse na imaxe entran ata 3 coches en paralelo.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos