Na Coruña Contas

Volver

Peonalización dun tramo da avenida Gran Canaria

pleira pleira  •  20/05/2019  •  Distrito 9  • 

avdaGranCanariaPeonil.jpg
avdaGranCanariaPeonil.jpg

Código proposta de investimento: 2206

Peonalizar o tramo da avenida Gran Canaria que vai dende o cruce coa rúa Venezuela ata o cruce coa rúa Archer Milton. Esta medida crearía un centro comercial aberto no barrio, ao estilo da rúa Barcelona pero en menor tamaño, facendo un entorno sen coches no barrio, onde a xente puidera pasear tranquilamente. Proponse esta zona en concreta por ser a de máis actividade comercial do barrio ao haber moitos locais a ambos lados. Faríase así unha zona onde os xente maior e os nenos e nenas se sentisen máis seguros, sen ter que preocuparse dos coches.  

O tráfico sería desviado por Archer Milton. Os garaxe seguirían sendo accesibles polos seus usuarios, así como habería un tempo para a carga e descarga, As prazas de aparcamento podería ser recuperadas no paseo marítimo, facendo que se reduza a velocidade á que van os coches na avenida de San Roque, acendo o carril bici maís seguro.

Proposta en nome de: AV Francisco Rodriguez Otero

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos