Na Coruña Contas

Volver

Instalar bolardos no cruce entre as rúas Vila de Negreira e Xosé Amor López

brunorcd brunorcd  •  21/05/2019  •  Distrito 9  • 

Estado actual con coches aparcados na beirarrúa
Estado actual con coches aparcados na beirarrúa

Código proposta de investimento: 2261

Dende que se fixo a remodelación deste cruce, o habitual é ver coches subidos nas beirarrúas. Puxéronse uns bancos de pedra para evitalo, mais continuan aparcando mal como pode verse na imaxe.

Proponse a instalación de bolardos en todas as esquinas, pasos de peóns e na entrada ao garaxe, zona clave pola que acceden os coches á beirarrúa.

Os coches mal aparcados nesta cidade é un problema moi grave que hai que solucionar. A cidade é das persoas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos