Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Xardíns Colgantes de Le Havre (Francia)

Xardín Botánico de Galicia

25/04/2019  •  smlebo  •  Toda a cidade

Os Museos Científicos son un dos emblemas da Coruña, aínda que poidan precisar dunha modernización e actualización. Pero xunto aos existentes, boto en falta un dedicado á riqueza da flora do país.

Por iso propoño o estudo do proxecto de creación do Xardín Botánico de Galicia. Un espazo onde se recollan e se explique as especies vexetais galegas (tanto de costa coma de interior) e que sirva tamén para a investigación. Tomando inspiración nos célebres ‘Xardíns colgantes’ de Le Havre (https://es.wikipedia.org/wiki/Jardins_suspendus_(Le_Havre)), situados nun forte na cima dun monte dende onde se domina a panorámica da cidade, proporía a súa localización no Monte de San Pedro, aínda que poderían estudarse outros lugares, coma os peiraos liberados do porto.

Propoño o estudo do proxecto posto que o orzamento non sería suficiente para a construción e posta en marcha do mesmo.

1.000.000 €

Cidade Peonil

08/05/2019  •  anxo_gz  •  Toda a cidade

Creo lembrar que segundo a directiva europea a partires do 2023, os centros da cidade terán que ser peonís, eu iría adiantando esa data e ir facendo peonís algunhas rúas da cidade de xeito gradual para que o troco non sexa tan drástico, e non só o faría no centro, senón tamén faría peonís rúas doutros barrios da cidade con pouco tránsito ou rúas pequenas e que dun xeito fosen artellando unha rede de carrís peonís. Qué non todos sabemos ou podemos andar en bicicleta!!.

1.000.000 €

Gran Bosque A Coruña ( por fases)

12/05/2019  •  pelines  •  Toda a cidade

Crear  o grande bosque da cidade no entorno do castro de elviña por fases para facilitar o seu nacemento.

Sería unha mellora da contorna do castro e convertiriase nun centro de visitas para a nosa cidade.

1.000.000 €
Rúa Panaderas

REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Reordenación do tráfico desta rúa, estudando a implantación de circulación nunha única dirección, en sentido baixada dende o Campo da Leña, desviando o tráfico de subida cara a rúa Hospital.

Ampliación das beirarrúas existentes, dotando de protagonismo ó futuro paso peonil entre Panaderas e Pío XII

700.000 €
Carril bici

Creación de carril bici entre o Millenium e os Mariñeiros.

20/05/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Creación dun carril bici entre o Millenium e os Mariñeiros para garantir un novo fluxo transversal de transporte pola Ronda de Outeiro. 

 

 

310.000 €
Labirinto de San Pedro

ARRANXO DO LABIRINTO DE SAN PEDRO

25/04/2019  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

O labirinto vexetal do Monte de San Pedro atópase nun estado lamentable. Os percorridos orixinais foron alterados, os arbustos secaron en partes do percorrido e incluso o pavimento presenta fochancas e desperfectos que dan moi mala imaxe da instalación. Proponse a replantación de zonas danadas, así como a implantación de  barreiras que impidan danos na vexetación polo paso por zonas non habilitadas, así como arranxo das fochancas.

200.000 €
estado_actual_do_edificio_de_mestras.jpg

Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio

20/05/2019  •  trr  •  Toda a cidade

Desde a ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte propoñemos a demolición e construcción dun novo edificio de planta baixa anexo ao centro escolar, que permita o seu uso sen depender de medios mecánicos e supoña unha maior integración paisaxística coa contorna, dando así resposta á demanda histórica da comunidade educativa que leva anos reclamando un edificio en condicións.

O novo edificio albergaría o comedor, con cociña propia, para o alumnado do centro, creando un espazo en condicións que favoreza unha alimentación saudable, coidando así a importancia da saúde, o medioambiente e o comercio local e de proximidade. Tamén contará con aulas de usos múltiples cun doble uso, para a comunidade educativa do Sanjurjo e para as entidades e colectivos do barrio, creando así un novo espazo que de cobertura ás necesidades socioeducativas e de participación de Monte Alto.

300.219 €

Beirarrúa na Estrada do Portiño

06/05/2019  •  idlc  •  Toda a cidade

Esta proposta xa se fixo en anos anteriores e non obtivo apoios suficientes, pero creo que sería moi necesario. A estrada do Portiño que comunica a rotonda de Catro Ventos en San Pedro de Visma con O Portiño carece de beirarrúas na meirande parte do seu percorrido e tampouco conta con iluminación. Cada vez máis xente utiliza esta estrada para acceder á zona do Portiño e ao paseo marítimo e tamén ao acceso do parque de Bens e á depuradora. Os peóns e sobre todo a xente que practica deporte teñen que circular pola cuneta co risco que eso supón, cando se fai de noite a visibilidade e nula porque carece de luminarias.

380.000 €

Bicicoruña electrica e útil para todos

20/05/2019  •  perelita  •  Toda a cidade

Poñer mais estacións de bicicoruña por toda a cidade e cambiar o parque de bicis por eléctricas.

Pouca é a xente con forma física adecuada para subir a ronda de Outeiro ou subir ata o Castrillón. 

Habería que poñer mais estacións por toda a Cidade. As que hai agora chegan a un porcentaxe de poboación moi pequeno. Sería interesante tamén intentar que o servicio chegue ata a área metropolitana.

Poñer cascos encadeados nas estacións para aqueles usuarios que queiran facer uso deles. 

Algunhas das bicis de cada estación deben ter portanenos incorporados ou ben de maneira semellante aos cascos, encadeados pra uso de todos. 

O servicio debe estar aberto as 24horas. 

 

 

 

980.000 €

Instalar 5 baños públicos autolimpiables en puntos de más tránsito de personas

21/05/2019  •  jabovin  •  Toda a cidade

Como en otras ciudades europeas, tanto para turistas como para ciudadanos es interesante disponer en la vía publica de baños autolimpiables (para que no supongan gastos corrientes importantes- limpiezas). 

345.000 €