A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

REURBANIZACIÓN DA RÚA PANADERAS

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  •    3 comentarios

Rúa Panaderas
Rúa Panaderas

Código proposta de gasto: 1719

Reordenación do tráfico desta rúa, estudando a implantación de circulación nunha única dirección, en sentido baixada dende o Campo da Leña, desviando o tráfico de subida cara a rúa Hospital.

Ampliación das beirarrúas existentes, dotando de protagonismo ó futuro paso peonil entre Panaderas e Pío XII

Informe de custo

A túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "Para poder ampliar o ancho das beirarrúas da rúa Panaderas cómpre eliminar un carril da calzada, polo que esta proposta está condicionada á realización dun estudo previo de mobilidade e tráfico que determine se é viable implantar un único sentido de circulación nesta vía. Ao custo dese estudio, previo e preceptivo, habería que engadir o custo da propia obra de reurbanización na que, por estar a rúa Panaderas incluida no ámbito regulado polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e a Pescadería (PEPRI), haberían de seguirse as condicións definidas no devandito documento, tanto no referente aos materiais que deben empregarse nas pavimentacións (lousado de pedra nos itinerarios peonís e asfalto na calzada), como ás caracterísitcas dos elementos de mobiliario urbano (cuxa dotación habería que incrementar). Así mesmo, valórase a execución de diversas redes de servizos municipais, así como a reposición dos restantes servizos afectados." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • a_nt
    a_nt  • 05/10/2019 14:42:34

    Sería interesante tener en cuenta también la inclusión de carril bici que podría ser compartido en sentido de circulación y separado en sentido contrario a la marcha de vehículos

    Sen respostas