Na Coruña Contas

Volver

Beirarrúa na Estrada do Portiño

idlc idlc  •  06/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1943

Esta proposta xa se fixo en anos anteriores e non obtivo apoios suficientes, pero creo que sería moi necesario. A estrada do Portiño que comunica a rotonda de Catro Ventos en San Pedro de Visma con O Portiño carece de beirarrúas na meirande parte do seu percorrido e tampouco conta con iluminación. Cada vez máis xente utiliza esta estrada para acceder á zona do Portiño e ao paseo marítimo e tamén ao acceso do parque de Bens e á depuradora. Os peóns e sobre todo a xente que practica deporte teñen que circular pola cuneta co risco que eso supón, cando se fai de noite a visibilidade e nula porque carece de luminarias.

Informe de custo

Comunicámoslle que a súa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: O acondicionar un itinerario peonil nunha das marxes da estrada do Portiño, dispoñendo unha nova rede de pluviais, canalización municipal e alumeado público, supón un custo que supera os 200.000 euros das propostas de distrito, de xeito que pasa a ser de cidade. A superficie sobre a que actuar dependerá dun estudo previo patrimonial co fin de delimitar o solo público a aproveitar para a mellora desta vía ao non contemplarse a realización de expropiacións.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos