Mostrando 11 - 20 dun total de 79 propostas de investimento clasificadas como 'Infraestruturas' en todos os ámbitos
Continuación coas excavacións no Castro de Elviña
Sen comentarios • 01/05/2018 •
Rematou hai nada unha nova fase de excavación no Castro de Elviña, cun traballo que avanzou dun xeito moi satisfactorio. Agora sería unha pena que até dentro de moito tempo non se volvera a continuar, deixando así que a maleza e o paso do tempo boten a perder todo o acadado até agora. Pídese que o Castro de Elviña non se esqueza e que as excavacións continúen, xa que non podemos deixar pasar a oportunidade de seguir a traballar nun xacemento arqueolóxico tan preto da nosa cidade e que sen dúbida supón un privilexio. Da mesma maneira, solicítase que sexa aberto ao público para que se poda disfrutar por parte de todos os veciños e visitantes que desexen dar un paseo polo seu interior e coñecer de primeira man esta xoia da Historia.

Recuperación de rede viaria tradicional
3 comentarios • 14/05/2018 •
A freguesía de Elviña conserva unha importante rede viaria histórica que une diferentes núcleos da parroquia. Hoxe hai treitos que están fragmentados ou que forman parte de rúas.
A nosa proposta é ir recuperando ese viario histórico, formando unha rede cos camiños xa recuperados, rúas e camiños por acondicionar. Fundamentalmente o que se propón é que se sinalicen eses camiños e que se manteñan en boas condicións para o tránsito a pé.
Para esta proposta en concreto xuntamos un mapa cos camiños e rúas que unen Elviña, Castro, Penarredonda, As Revoltas, Palavea e Fontaíña.
Ampliación beirarruas Avda Monelos na marxe das Torres
Sen comentarios • 05/05/2018 •
Teñen pouco mais de un metro de ancho a todo o longo das Torrres, dende O Barrio das Flores ata o Edificio da Xunta. Hai que dar continuidade ás obras de mellora feitas anos atrás, cumprindo a normativa de accesibilidade.
Reforma beirarrúas acceso CEIP San Pedro de Visma
Sen comentarios • 13/05/2018 •
As diversas beirarrúas que permiten o acceso ó CEIP San Pedro de Visma son, no mellor dos casos, estreitas e están en moi mal estado (como na rúa Lagares) ou, noutros casos, simplemente non existen, como no caso do camiño dende a rúa Lagares ata Eira Vella. Neste caso non só é necesario arreglalo firme senón tamén mellorala iluminación.
Propoño melloralas beirarrúas de acceso para que os nenos cheguen o colexio de forma máis segura e cómoda.
Carril bici
Sen comentarios • 09/05/2018 •
Creación de un carril bici por el barrio de Novo Mesoiro,para evitar accidentes con coches en la carretera y peatones en las aceras
Alcantarillado casas 14, 9D, 10, 11 e 13 Lugar de Cances
3 comentarios • 02/05/2018 •
Quedaron estas vivendas sen servizo por cuestions económicas
creación de áreas de xogo libre e baixo cuberta
1 comentario • 03/05/2018 •
As novas correntes pedagóxicas fomentan o xogo libre como ferramenta para o desenvolvemento persoal dos menores
- habilitar espazos seguros de circulación de vehículos que permitan o xogo libre dos rapaces, en lugares que non teñan por que estar pechados durante os temporais.
- habilitar mecanismos de protección para a choiva e temporais que permitan desfrutar do aire libre nas estacións do ano menos favorecidas climatoloxícamente. Por exemplo; cubertas ou cúpulas coma do parque de Eirís
- habilitar áreas de xogo libre nos Centros Cívicos; os centros cívicos normalmente contan con espazos abertos que poderían ser utilizados a modo de ludotecas (como existen noutros concellos como o de Santiago de Compostela) baixo un custo realmente reducido, no que os nenos e nenas podan compartir un espazo de xogo seguro e quentiño nas épocas de mais frío.
energia solar
3 comentarios • 11/05/2018 •
invertir en colocar placas solares en edificios municipales, parques y demas lugares donde se puedan colocar para hacer de la ciudad, un lugar con energias renovables

abrir e reacondicionar a zona do Parque de Sta. Margarida enriba do Palacio
3 comentarios • 09/05/2018 •
enriba do Palacio da Ópera
Beirarruas dos Números 2 ao 8 de Cances
2 comentarios • 02/05/2018 •
Para facilitar o paso ás vivendas e ordenar o tráfico