Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Captura_de_pantalla_2.jpg

PASTOREO NA CORUÑA

14/05/2018  •  luis2castros  •  Toda a cidade

Implantación dun proxecto piloto de mantemento de espacios naturais con animais de granxa en Punta Herminia.

Proponse a adecuación dun lugar para o descanso e recollida destes animais á chegada da noite na inutilizada cochera dos tranvías.

Manter a cidade limpa de pintadas

08/05/2018  •  gloson  •  Toda a cidade

Manter a cidade limpa de pintadas ou grafitis narcisistas: Deseñar un plan para eliminar as pintadas que estropean edificios, mobiliario urbano, sinais de tráfico, monumentos e edificios singulares. O plan debe favorecer que esas pintadas non permanezcan anos. Contando coa colaboración da cidadanía, apoiando desde o concello con subvencións ás comunidades de propietarios, para que se eliminen o antes posible. Facer cumplir as normas para A CONSERVACIÓN DE FACHADAS, e non permitir que haxa edificios con apariencia de ruinosos e suxos durante anos.Educar e informar á cidadanía da importancia da conservación e do aspecto da cidade. Campañas informativas, lemas, paneis luminosos, unidades didácticas para centros educativos. Habilitar paredes por toda a cidade e facer concursos de murais con motivos relacionados coa vida, cultura, historia etc... do barrio e das persoas que viven no entorno.

Eliminar un carril no Paseo Marítimo

12/05/2018  •  slamelov  •  Toda a cidade

No tramo que vai desde Abente y Lago ata Fonte dos Surfistas, eliminar un carril para coches, posto que é innecesario ter dobre carril para o tráfico que ten esa zona, e ademáis desincentivaría o seu uso e tamén o exceso de velocidade frecuente nesa zona, que actualmente é unha autoestrada urbana. O carril recuperado para as persoas permitiría ter novos espazos para camiñar, actividades deportivas, mobiliario urbano, plantas, árbores, etc.

Pantallas de información y avisos en Riazor y Orzán

18/04/2018  •  vecina  •  Toda a cidade

Colocación de 5 ó 6 pantallas distribuidas a lo largo de las playas de Riazor y Orzán, así como en la coraza, en las que se informe permanentemente del estado del mar, se indiquen las zonas especialmente peligrosas y se avise (fundamentalmente a las personas de fuera de la ciudad) de los riesgos de no atender las indicaciones y meterse en el agua en algunas zonas y en determinadas condiciones.

Habilitación de pistas de patinaje de uso libre

12/05/2018  •  almu_mjmax@hotmail.com  •  Toda a cidade

Propongo la habilitación de pistas de patinaje de uso libre en espacios cubiertos que actualmente no se están utilizando para otros usos, como por ejemplo, la parte de arriba de los andenes de la estación de autobuses. Son zonas llanas y cubiertas, en las que con una pequeña inversión, se podría practicar patinaje de manera libre, o asignando horarios a clubes.

PROGRAMA ELIMINACIÓN VIOLENCIA XÉNERO DAS FESTAS "Non bailamos soas..."

14/05/2018  •  observatorioigualdade  •  Toda a cidade

Programa de eliminación de violencia machista das festas "Non bailamos soas" ten 3 fases: 1) Difusión do programa promovendo unas festas sen violencia de xénero. En meios de comunicación, entidades feministas, veciñais, culturais, equiamentos municipais.2) Promoción da campaña naquel barrio donde se vaian a desenvolver as festas. A través dos meios de comunicación,locales comerciais e hosteleros do barrio.. 3) Os días dos eventos festivos situarase unha carpa informativa, visibel, donde as mulleres acudan si teñen calquera problema ou situación de tensión. Pódense repartir folletos informativos da campaña.Os días de festa haberá 2 mulleres (voluntariado, persoal, policías locais formadas..) para acompañar a aquelas que así o demanden. O efecto disuasorio da información previa e a presenza dun dispositivo específico, pode axudar a desactivar comportamentos violentos ou de acoso 

Interior da DOMUS

MELLORA MUSEALIZACIÓN DOMUS

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Algúns dos módulos deste museo científico da cidade continúan invariables dende a súa inauguración e nun estado de deterioro evidente. Proponse a renovación de parte dos mesmos para a posta en valor do museo, nunha rede de museos municipais que supuxo un referente a nivel estatal.

Tamén considero interesante o cambio de Casa do home a Casa da humanidade (mantendo o termo DOMUS)

Figura do salón do comic (Corto Maltes)

CREACION DUN MUSEO DO COMIC / BANDA DESEÑADA

03/05/2018  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

A nosa cidade ten unha gran canteira de profesionais da ilustración, e tódolos anos convértese na sede do célebre "Viñetas dende o Atlántico", unha xoia de salón do comic.

Proponse a creación dun museo do comic e banda deseñada, que non so recorde este vínculo de unión da creatividade coa mesma, senon que ademais sirva de empurre e apoio aos profesionais galegos e nacionais neste sector, permitindo dar a coñecer as súas obras mais aló das librarías e bibliotecas municipais. 

 

Regulamento do tempo máximo de estacionamiento dos vehículos na rúa

12/05/2018  •  Viciño  •  Toda a cidade

Por toda a cidade existen vehículos que botan aparcados meses e mesmo anos no mesmo sitio. Podería desenvolverse un regulamento que limite o tempo de estacionamento máximo dos vehículos, acompañado dunha app que permita a calquera veciño denunciar o incumprimento para que o propietario o retire ou sexa sancionado. Se o vehículo non pode moverse por si mesmo (un abandono de facto) pode ser retirado polo guindastre municipal. 

Aparcabicis en todolos institutos da cidade.

14/05/2018  •  mariajp  •  Toda a cidade

Para que este amplo colectivo xuvenil poda ir acoplándose à movilidade sostible, e porén ampliando a visualización doutro tipo de movilidade.