Na Coruña Contas

Volver

Manter a cidade limpa de pintadas

gloson gloson  •  08/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1166

Manter a cidade limpa de pintadas ou grafitis narcisistas: Deseñar un plan para eliminar as pintadas que estropean edificios, mobiliario urbano, sinais de tráfico, monumentos e edificios singulares. O plan debe favorecer que esas pintadas non permanezcan anos. Contando coa colaboración da cidadanía, apoiando desde o concello con subvencións ás comunidades de propietarios, para que se eliminen o antes posible. Facer cumplir as normas para A CONSERVACIÓN DE FACHADAS, e non permitir que haxa edificios con apariencia de ruinosos e suxos durante anos.Educar e informar á cidadanía da importancia da conservación e do aspecto da cidade. Campañas informativas, lemas, paneis luminosos, unidades didácticas para centros educativos. Habilitar paredes por toda a cidade e facer concursos de murais con motivos relacionados coa vida, cultura, historia etc... do barrio e das persoas que viven no entorno.

Informe de inviabilidade

lamentamos comunicarlle que a súa proposta é inviable porque as acción que se propoñen (limpeza, subbvencións, actividades formartivas, etc.) non teñen a categoría de investimento. Animámoslle a seguir presentando outras propostas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos