Resultados da busca
Hai 3 propostas de investimento que conteñen 'aparcadoiros'
reordenamiento rúa San José, ampliación aceiras e anulación prazas aparcadoiro
18/04/2018 • • Distrito 10
Debido á estreiteza da rúa San José, non poden acceder nin os servizos de recollida de lixo, nin de asistencia, algunhas ambulancias, por suposto o camión de bombeiros teno imposible, parece evidente que se debería de ampliar a beirarrúa, polo menos, dos números impares e suprimir as prazas de aparcadoiro nese mesmo lado.
Favorecer o uso da bicicleta
14/05/2018 • • Toda a cidade
Moitas veces non se usa tanto a bicicleta, tanto municipal como propia, porque non hai onde aparcala mesma. Propoño poñer situar mais estacións de bicicoruña, a lo menos nos edificios públicos, tales como Ágora, Forum, Ministerios Centros de Saúde, Bibliotecas e mercados municipais... O que non é lóxico é que existen algunha que están moi próximas como Obelisco, Porto e Porta Real, e noutras zonas como Cunchiñas, non haxa estacións cercanas.
Así mesmo, non existen moitos aparcadoiros ou barras para cadar as bicis particulares. Considero que se hai mais plazas onde deixar a bici sen medo a que cha rouben, mais xente utilizará a bicicleta.

Renovación do parque infantil do Complexo Deportivo de Elviña
20/04/2018 • • Distrito 3
Os nenos e nenas do Birloque, da Avenida de Glasgow e de Ponte da Pedra só dispoñen na súa contorna dun parque infantil na Praza de Agustín Díaz, no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Elviña. Trátase dun parque con sombra e espacio pero que está nun estado deficiente, co chan totalmente abombado e con xogos moi limitados. Tamén dispón dunha fonte pero non adaptada.
É unha mágoa que este parque estea infrautilizado dado que é un sitio idóneo para que os nenos desta zona poidan desfrutar con seguridade. Ademais, o parque tamén é empregado polos nenos e nenas que van ao Complexo de Elviña, polo que os potenciais usuarios dun parque renovado serían moitos.
Propoño que se renove o equipamento deste parque facéndoo máis axeitado para nenos e nenas de máis idades, arranxar o chan para evitar tropezós e instalar un bebedoiro que poidamos usar sen saír mollados como agora.