A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Eliminar un carril no Paseo Marítimo

slamelov slamelov  •  12/05/2018  •  Toda a cidade  •    1 comentario

Código proposta de gasto: 1405

No tramo que vai desde Abente y Lago ata Fonte dos Surfistas, eliminar un carril para coches, posto que é innecesario ter dobre carril para o tráfico que ten esa zona, e ademáis desincentivaría o seu uso e tamén o exceso de velocidade frecuente nesa zona, que actualmente é unha autoestrada urbana. O carril recuperado para as persoas permitiría ter novos espazos para camiñar, actividades deportivas, mobiliario urbano, plantas, árbores, etc.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • cgomezr
    cgomezr  • 13/05/2018 13:02:56

    Estoy de acuerdo, y particularmente en el tramo entre Fuente de los Surfistas y Aquarium Finisterrae, aprovechar para hacer un carril bici (la actual supuesta "acera bici" es una broma de mal gusto). En el resto, ampliar el espacio para el peatón.

    Sen respostas