Na Coruña Contas

Volver

CREACION DUN MUSEO DO COMIC / BANDA DESEÑADA

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Figura do salón do comic (Corto Maltes)
Figura do salón do comic (Corto Maltes)

Código proposta de investimento: 1070

A nosa cidade ten unha gran canteira de profesionais da ilustración, e tódolos anos convértese na sede do célebre "Viñetas dende o Atlántico", unha xoia de salón do comic.

Proponse a creación dun museo do comic e banda deseñada, que non so recorde este vínculo de unión da creatividade coa mesma, senon que ademais sirva de empurre e apoio aos profesionais galegos e nacionais neste sector, permitindo dar a coñecer as súas obras mais aló das librarías e bibliotecas municipais. 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • xocalodeiro

    Concordo coa idea da importancia da banda deseñada na nosa cidade, evidente por feitos como:
    –as xa máis de 20 edicións do salón do cómic Viñetas desde o Atlántico;
    –o xa veterán premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña;
    –os máis de 20 anos de promoción da BD a través das tebeotecas das Bibliotecas Municipais;
    –o crecente tecido profesional asentado na cidade e arredores, en forma de autores de BD residentes, editoras e tendas de cómics...

    A creación dun museo da banda deseñada permitiría afondar en todos estes ámbitos e complementalos, e estender as exposicións e outras actividades culturais relacionadas coa BD máis aló do período de Viñetas desde o Atlántico (agosto-setembro) a todo o ano. Asemade, podería servir como un local máis de celebración do propio salón do cómic. E como outro punto de atracción do turismo cultural á Coruña.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos