Hai 2 propostas de investimento clasificadas como 'Seguridade cidadá' en todos os ámbitos
Reposición e mellora de servizos área autocaravanas do Portiño
Sen comentarios • 15/05/2017 •
Proponse a reposición e mellora dos servizos básicos no entorno da área de autocaravanas do Portiño, moi pouco atractiva polas súas deficiencias de seguridade, limpeza, hixiene e servizos, provocando mala reputación e malestar nos turistas e propios coruñeses.
En concreto, sería necesaria a reparación integral dos aseos públicos, totalmente impracticables; a sustitución dos contedores sen tapa (provocan cheiros no verán) por outros con separación selectiva de lixo; papeleiras nos vértices; a instalación dun mapa da cidade con zonas de interese/servizos e, de ser posible, videovixilancia contra actos vandálicos e prantación de certo arborado no seu perímetro superior, para xerar unha barreira natural contra o vento e reducir o impacto visual.
Mellora da alumeado público na Silva-Cances-Penamoa
Sen comentarios • 18/05/2017 •
Mellora de calidade de luz para a seguridade cidadá. Haberia que revisar a intentisade de luminicas e ampliar os puntos de luz, en concreto no lugar de Cances entre a fonte e o camiño das reixas e tamén no lugar das Eiriñas na fonte da Fonte nova, espazos de tránsito e paseo de veciñas.