Na Coruña Contas

Volver

Parque Biosaludable no Barrio das Flores

pvbf pvbf  •  19/05/2017  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 585

O Barrio das Flores sufriu na última década un continuo envellecemento demográfico da súa población, unida a unha falta grave de equipamentos para a terceira idade, comezando polo desplazamento do antigo Centro de Saúde a Matogrande.

Endémicamente vimos sufrindo a presencia do oleoducto, que por outra permitiu a existencia dun gran parque central completamente desaproveitado e con falla de conservación.

Solicitamos implementar no parque existente un equipamento biosaludable para a realización de exercicio físico, principalmente enfocado á terceira idade, como os que se fixeron no Parque de Oza ou no Ventorrillo.

O orzamento estimado podería ser por fases, cunha inversión inicial segundo as pezas a instalar de 30.000 a 50.000 €.

Localización: Parque Central do Barrio das Flores

Proposta en nome de: Plataforma Veciñal Barrio das Flores

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Dada a existencia dun espazo verde con arborado polo que discorre o oleoduto a través do propio Barrio das Flores, proponse a creación dunha zona de esparexemento na devandita zona. O recinto debería de ser duns 500m2 que se poderían distribuír na zona arborizada central, sen necesidade de realizar cortes ou tallas de árbores, proporcionando zonas de sombra e esparexemento afastada das vías vehiculares. Exponse a creación dunha zona de 300m2 para a instalación de máquinas biosaludables. Así mesmo, o resto da área adecuarase para a instalación de bancos e fontes de beber. O investimento para a área de biosaludables é de 51.000,00€ cunha superficie de 300m2. Na zona da área de biosaludables instalaranse bancos, fontes e camiños accesibles tipo zahorra-cemento cun total de 8 bancos e 2 fontes cun valor de 22.000€ O total do investimento para a adecuación de 500 m2 de zona de esparexemento e maquinas biosaludables é de 73.000,00€ IVE incluído." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos