Na Coruña Contas

Volver

Mellora do pavimento nas escaleiras do Barrio das Flores

bfrr bfrr  •  18/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 546

O Barrio das Flores precisa dunha reforma integral, pero cando menos urxe a renovación total das escaleiras que hai no parque interior xa que están moi deterioradas e son perigosas á hora de camiñar. A maiores sería necesario un maior aproveitamento de ese espazo aberto e de confluencia no barrio. 

Localización: Barrio de las Flores

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é viable aínda que supera o importe de 200.000 euros e convertése nunha proposta de cidade. É viable xa que o concello ten posto en marcha diversos proxectos de mellora da pavimentación e accesibilidade nas rúas e nos espazos públicos da cidade. Xa se executaron obras nalgúns parques municipais de pavimentación e adaptación de accesos exteriores e interiores á normativa vixente en materia de accesibilidade, e tamén nos espazos verdes interiores deste Distrito 7. Deberá estudarse polo Servizo de Infraestruturas a redacción dun proxecto concreto de mellora das escaleiras interiores do parque central do barrio executando obras de pavimentación. Segundo visita realizada polos técnicos municipais do Servizo de Rehabilitación, podería buscarse unha solución para renovar estas escaleiras e ademáis adaptalas á normativa vixente en materia de accesibilidade. Esta actuación non debería limitarse a unha mellora de pavimentos, senon que nalgúns tramos resultaría necesario renovar a estrutura das escaleiras debido ao seu alto grao de deterioro, que inclúe o desprazamento dos peldaños das mesmas así como degradación do material de formación e a existencia de fochancas e valgas. A concellería de Rexeneración Urbana ten previsto realizar un estudo previo para valorar a posibilidade de declarar o ámbito do barrio das Flores como área de rexeneración e renovación urbana ou similar, que supoña a realización de actuacións de rehabilitación nas edificacións privadas e melloras na súa accesibilidade, e urbanización de espazos públicos, con acceso a subvencións e axudas públicas pola veciñanza. Neste caso concreto da proposta realizada, podería valorarse a posibilidade de mellorar os recorridos peonís do parque interior do barrio e humanizar o espazo do mesmo tentando acadar que supoña unha referencia para a veciñanza." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • amir

    O Barrio das Flores é un espazo único na cidade que, debido ao paso do tempo e á evolución xeracional, hoxe en día está poboado maioritariamente por persoas da terceira idade que necesitan unhas melloras nos seus accesos e mobilidade. A instalación de ramplas, ascensores ou pasarelas é fundamental para o benestar dos maiores neste barrio da cidade

    Sen respostas
Non hai fitos definidos