Na Coruña Contas

Volver

Aparcadoiros para bicicleta

Jorge Martínez Jorge Martínez  •  27/04/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 42

O título xa o di todo.

A cuestión é que a cidade está tomando unha direción clara que apunta a ampliar a utilización da bicicleta. Pero hai que ter en conta que vivimos nunha cidade, polo cal ou se deixa a bici fora, ou nun garaxe ou se suben as bicis ás vivendas. E non todas as vivendas teñen facilidade de acceso como para subir unha bici ata un terceiro.

É por iso que a proposta consiste en darlle un segundo uso aos aparcadoiros de bicicoruña, facéndoos máis grandes. Desta forma, cada un destes aparcadoiros tería unha maior extensión para poder gardar un número determinado de bicis persoais. Ademais, (aínda que a experiencia previa mostra que non é recomendable polo vandalismo), cada aparcadoiro podería ter ferramentas destinadas a manter en boas condicións as bicicletas. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Unha das propostas do Concello é facer da bicicleta un medio de transporte cotián na cidade, intentando diminuír o uso dos vehículos particulares e o autobús e tratando de cambiar a idea de que a bicicleta é un transporte para o ocio. Tratando de mellorar os servizos relacionados coas bicicletas, proponse instalar bases aparca-bicicletas en puntos estratéxicos da cidade para facilitar a comunicación entre barrios. O prezo dunha base de 6 aros é aproximadamente de 1.600 €, polo que se poderían instalar 31 bases aparca-bicicletas." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos