Na Coruña Contas

Volver

Espacio multifuncional no Mercado de San Agustín

abarran abarran  •  17/05/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 482

A Asociación de Vendedores do Mercado de San Agustín, propón a creación dun espazo multifuncional dentro do mercado. Este espazo multifuncional para os veciños e veciñas da cidade inclúe o equipamento dunha cociña, mesas e cadeiras. Tentando conseguir deste xeito que o mercado se converta nun espazo social.

 

 

Este é un espazo onde se favorezan as relacións interpersoais entre os veciños e veciñas, así como o ensino e o aprendizaxe, para poder desfrutar dun día de mercado ou mesmo descansar ou ler o xornal mentres se fai vida dentro do mesmo. Situar a cociña nun punto específico do Mercado, suporía fixar así mesmo, onde se fan os talleres, charlas ou demostracións dos produtos que alí se venden ou que queiran ser presentados a cidadanía, poñendo en Valor O Noso.

 

 

Localización: Mercado Municipal de San Agustín

Proposta en nome de: Asociación de Vendedores do Mercado de San AGUSTÍN

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Por indicación do Servizo de Emprego valorouse a implantación dos usos propostos no local situado no lateral dereito da pasaxe de acceso ao supermercado localizado no soto do mercado." Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos