Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

"A CASA DA MULLER: TEMPO DE MULLERES".

17/05/2017  •  gonzalonovo@edu.xunta.es  •  Toda a cidade

Crear ou habilitar un espazo específico axeitado, ou unha exposición permanente, en torno a unha das grandes revolucións pendentes no mundo de hoxe: o tema da muller. Cun enfoque multidisciplinar e unha clara vocación feminista, o museo debe visibilizar e difundir a construcción histórica dos sistemas de dominación sobre a muller en todos os ámbitos, desde as primeiras sociedades patriarcais ata o machismo contemporáneo; poñendo en valor as resistencias individuais e colectivas máis salientables ao longo do tempo.  Sería unha experiencia PIONEIRA en España, aproveitando a traxectoria museística da cidade. Debería servir tamén de lugar de encontro e xérmolo de iniciativas máis e amplas e variadas dentro da mesma temática da muller, actuando como núcleo e revulsivo de actividades que lle otorgaran á cidade unha "marca" nova e singular de "cidade en tempo de mulleres".  

Remate da rehabilitación do Pazo de Veeduría na Cidade Vella

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Rematar de rehabilitar a superficie restante do pazo de Veeduría para o traslado doutras institucións ou asociacións, como as ubicadas no edificio municipal de Durán Loriga. 

Deste xeito, amplíase a vida activa na cidade vella, levando servicios empregados pola cidadanía a esta zona, e á súa vez permite liberar o edificio de Durán Loriga como centro cívico (inexistente nesa zona) ou mellora dos servizos existentes (arquivo histórico municipal, CGAI...)

Creación dunha rotonda na Avenida de Alfonso Molina á altura da Praza de Madrid

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Recollendo as directrices fixadas no Plan Busquets, e co obxectivo fixado polo goberno municipal de "dulcificar" Alfonso Molina para que perda o caracter de autopista, compre ter en conta a proposta de Joan Busquets de crear unha rotonda neste punto de Alfonso Molina que conecte con Caballeros e a rúa que sube ata San Cristobal. 

Deste modo, tamén soluciónase o problema aparecido pola demolición da pasarela peonil dos xulgados, ó reducir a velocidade naturalmente pola rotonda e incluso permitir a implantación de pasos de peóns. 

CARRIL BICI DESDE A RÚA MONELOS ATA O CENTRO DA CIDADE

26/04/2017  •  m.oreiro  •  Toda a cidade

Comunicar mediante carril bici a rúa Monelos co centro da cidade

Mellorar a seguridade dos motoristas. Eliminar pintura do chan

08/05/2017  •  dvarvia  •  Toda a cidade

Eliminar pintura dos pasos de cebra, así como de calqueira sinal horizontal situada en curvas. Hai infinidade de casos nas nosas rúas onde a seguridade do motorista vese comprometida. No paseo marítimo por exem., non hai curva sin pintura no chan, con flechas innecesarias pois é de sentido único e separada por jardinera co outro carril. Mención aparte merecen os pasos de cebra que en canto caen catro gotas convirtense en moi perigosos. Non compre colocar no lugar pintura negra, hay que rañar o chan e eliminar a existente por completo. Tamen compre no caso dos pasos de cebra, colocar con sentido común a parte sen pintura, pois no final da avda de hercules hai un que obriga as motos a pasar pegados o outro caril, en vez de polo interior da curva, como é natural. Esta maniobra é perigosa porque nese punto os autobuses invaden o carrril contrario para dar a curva

PACIFICACIÓN DO TRÁFICO NAS VÍAS DE COMPETENCIA MUNICIPAL

20/05/2017  •  lrf  •  Toda a cidade

Resinalización dos límites de velocidade en todas as vías urbanas reducindo a 50km/h nas principais vías e a 30 km/h nas rúas interiores dos barrios.

En liña co recollido no plan municipal contra o ruido establecer medidas para garantir efectivamente que isto se cumpla. Controis de velocidade, badéns en pasos de peóns, etc.

Priorizar nas vías que entroncan coa avenida da Vedra.

Mellores accesos a túnel Avda do Porto/Parrote

19/05/2017  •  atoblue  •  Toda a cidade

É imprescindible mellorar o acceso ao túnel da Marina/Parrote, se o que se pretende é que alivie os problemas de tráfico da cidade. Non é práctico que para acceder a él pola boca da Avda do Porto haxa que dar voltas enormes no coche.

Creación dun museo da moda.

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Creación dun museo da moda, actividade íntimamente relacionada coa cidade e con Galicia. Empresas como Caramelo, Carolina Herrera, Alba Conde ou a mesma Inditex, están íntimamente relacionadas coa nosa comunidade e poden optar a ocupar  algún espazo municipal disponible (coma as naves de comandancia de obras, almacéns municipais ou un edificio de nova creación). 

Podería ir emparexado á realización de desfiles ou a un convenio coa UDC e as empresas interesadas para crear un grande polo de atracción. 

Puntos de recarga vehículos electricos

26/04/2017  •  esteban  •  Toda a cidade

Reparar o sustituir los puntos de recarga actuales y aumentar el número de puntos para favorecer la introducción de vehiculos electricos.

Recursos e mobiliario para as asociacións do REMAC

27/04/2017  •  vecina  •  Toda a cidade

Moitas asociacións e entidades sociais da cidade organizan eventos para os que precisan recursos e mobiliario dos que non dispoñen. Esto supón que teñen que asumir o custo de aluguer destes materiais ou pedilos a algunha organización.

De igual modo que o Concello ten dispoñible no Fórum unha Caixa de Recursos para prestar as asociacións equipamento técnico audiovisual e de son, debería haber algo similiar que facilitara ás entidades do REMAC outro tipo de recursos.

En concreto, propoño a compra de 4 carpas grandes, 10 casetas pequenas de madeira, 200 cadeiras pregables, 40 caballetes con taboleiros, 6 tarimas-escenario e 2 atrís. O préstamo destes recursos funcionaría de maneira análoga como a actual Caixa de Recursos.