Na Coruña Contas

Volver

Recursos e mobiliario para as asociacións do REMAC

vecina vecina  •  27/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 36

Moitas asociacións e entidades sociais da cidade organizan eventos para os que precisan recursos e mobiliario dos que non dispoñen. Esto supón que teñen que asumir o custo de aluguer destes materiais ou pedilos a algunha organización.

De igual modo que o Concello ten dispoñible no Fórum unha Caixa de Recursos para prestar as asociacións equipamento técnico audiovisual e de son, debería haber algo similiar que facilitara ás entidades do REMAC outro tipo de recursos.

En concreto, propoño a compra de 4 carpas grandes, 10 casetas pequenas de madeira, 200 cadeiras pregables, 40 caballetes con taboleiros, 6 tarimas-escenario e 2 atrís. O préstamo destes recursos funcionaría de maneira análoga como a actual Caixa de Recursos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • tildur

    Lo cierto es que un equipamiento como ese permitiría a muchas asociaciones llevar a cabo eventos de otra forma implanteables. Es cierto que habría que añadirle un servicio de apoyo en forma de montaje, pero creo que es algo asumible que solo sería necesario para parte del equipamiento, o que podrían asumir las propias asociaciones.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos