Na Coruña Contas

Volver

CARRIL BICI DESDE A RÚA MONELOS ATA O CENTRO DA CIDADE

m.oreiro m.oreiro  •  26/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 32

Comunicar mediante carril bici a rúa Monelos co centro da cidade

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "En atención a outras solicitudes da cidadanía, e polo traballo e estudos realizados polos técnicos municipais, xa existen proxectos que recollen dita proposta. Na actualidade xa se realizaron os proxectos de execución de sendas ciclistas para a conexión dos barrios de Monelos e outras zonas co centro da cidade. Xa están en estudo e planificación a execución das obras para os anos 2017 e 2018 dos carrís bici que conectan o Barrio de Monelos co centro da cidade. É por iso que se define a proposta cidadá como Non Viable ao existir proxectos e obras para o período de 2017-2018 planificadas e aprobadas." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos