Na Coruña Contas

Volver

Mellorar a seguridade dos motoristas. Eliminar pintura do chan

dvarvia dvarvia  •  08/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 261

Eliminar pintura dos pasos de cebra, así como de calqueira sinal horizontal situada en curvas. Hai infinidade de casos nas nosas rúas onde a seguridade do motorista vese comprometida. No paseo marítimo por exem., non hai curva sin pintura no chan, con flechas innecesarias pois é de sentido único e separada por jardinera co outro carril. Mención aparte merecen os pasos de cebra que en canto caen catro gotas convirtense en moi perigosos. Non compre colocar no lugar pintura negra, hay que rañar o chan e eliminar a existente por completo. Tamen compre no caso dos pasos de cebra, colocar con sentido común a parte sen pintura, pois no final da avda de hercules hai un que obriga as motos a pasar pegados o outro caril, en vez de polo interior da curva, como é natural. Esta maniobra é perigosa porque nese punto os autobuses invaden o carrril contrario para dar a curva

Localización: Toda a cidade

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta, mais é inviable dentro deste programa porque eliminar a pintura do solo non supón un gasto de investimento. En calquera caso, todas as propostas que se presentan son coñecidas polos distintos servizos do Concello para tomalas en consideración.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos