Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha rotonda na Avenida de Alfonso Molina á altura da Praza de Madrid

A. Martínez A. Martínez  •  27/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 47

Recollendo as directrices fixadas no Plan Busquets, e co obxectivo fixado polo goberno municipal de "dulcificar" Alfonso Molina para que perda o caracter de autopista, compre ter en conta a proposta de Joan Busquets de crear unha rotonda neste punto de Alfonso Molina que conecte con Caballeros e a rúa que sube ata San Cristobal. 

Deste modo, tamén soluciónase o problema aparecido pola demolición da pasarela peonil dos xulgados, ó reducir a velocidade naturalmente pola rotonda e incluso permitir a implantación de pasos de peóns. 

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta da creación dunha rotonda en Alfonso Molina á altura da Praza de Madrid é moi ampla e tecnicamente moi complexa, alcanzado unha superficie de actuación sobre viarios de máis de 20.000m2 e próxima aos 70.000m2 sobre as áreas contiguas para adecuación sobre zonas verdes e peonís. Así mesmo a afección sobre a Pasarela das Estacións, implicaría a súa reconstrución total para adaptala á nova xeometría. A afección sobre a estación de servizo e subministración de carburante próxima á zona obrigaría ao seu peche temporal durante a execución da obra, supoñendo un servizo afectado a contemplar na obra. É por iso que, dadas as afeccións a servizos afectados, o gran ámbito de obra, e a reposición e execución de novos viarios, zonas peonís e zonas verdes tan grandes, o orzamento de execución destas obras supera con moito o 1.000.000€. É por iso que se declara a proposta Non Viable." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fernando-pi

    Gústame esta proposta de Adrián, proposta contida no Plan Busquets.
    Ademais de urbanizar aquela autopista urbana de A. Molina, permitiría facer cidade e acercar a veciñanza dos barrios de Os Mallos e A Gaiteira/Monelos.
    Permitiría un acceso mais urbano entre as estacións de bus e tren e, igualmente, un acceso mais axeitado a o bus urbano , sobre todo a universitari@s, moi demandado na zona.
    Ademais, permitiría as persoas maiores e/ou con mobilidade reducida, cruzar de un lado a outro da autopista, cousa que agora non poden facer por non poder acceder a o vella pasarela peonil, pasarela totalmente desfasada en canto a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
    Moi boa e necesaria a realización da proposta.

    Sen respostas
  • asturianconexion

    Apoio a idea xa que é realmente boa e toda esa zona necesita unha reordenación. O problema que vexo é que dame a min que se van necesitar máis de 1 millón de euros. Pero pódese comezar por actuacións máis pequenas como mellorar as paradas de bus urbano para facilitar a su incorporación á avenida, mellores paneis de información (ahí tamén para o bus do aeroporto) e marquesinas máis amplas que protexan do vento e da choiva xa que a certas horas do día hai moitísima xente nesas paradas.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos