Na Coruña Contas

Volver

PACIFICACIÓN DO TRÁFICO NAS VÍAS DE COMPETENCIA MUNICIPAL

lrf lrf  •  20/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 617

Resinalización dos límites de velocidade en todas as vías urbanas reducindo a 50km/h nas principais vías e a 30 km/h nas rúas interiores dos barrios.

En liña co recollido no plan municipal contra o ruido establecer medidas para garantir efectivamente que isto se cumpla. Controis de velocidade, badéns en pasos de peóns, etc.

Priorizar nas vías que entroncan coa avenida da Vedra.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • cgomezr

    Apoyo. Muchas ciudades europeas ya están limitadas a 30 salvo grandes arterias. Aparte de los beneficios obvios para peatones y bicicletas y la mejora de la seguridad, está incluso estudiado que se llega antes en coche con límites a 30 que a 50, al mejorar la fluidez del tráfico (son necesarios menos semáforos, etc.)

    Sen respostas
Non hai fitos definidos