Na Coruña Contas

  • slamelov
    slamelov  •  Autor  •  23/06/2016 20:14:23

    Como non os deseñen invisibles, afectan á visión, eso é un feito. Poderán ser todo o bonitos que queiras, pero taparán a visión do que haxa detrás.
    Le ben a proposta. É eliminar semáforos porque os pasos peonís teñen prioridade sobre os vehículos. E a dificultade de ter que ir por unha pasarela é porque hai que subir e ter unha pendente axeitada tanto para persoas como para cadeiras de rodas, o cal alonga a distancia que hai que percorrer en comparación con cruzar directamente por un paso peonil elevado. Elevado para que os coches non podan ir moi rápido, que é o que acontece agora. Uns 30 cm ou así.
    Os buses urbanos teñen un problema fundamental, que van por onde van os vehículos, o cal fai que sexan ineficientes por moito que melloren as liñas (que o están a facer). Todo pasa pola reducción de vehículos, aínda que na humanización do paseo ben podería haber un carril bus de ida e outro de volta.
    http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/03/06/tren-unir-comarca/1048196.html

      • mayeuticon

        Pasarelas: Fuente de los surfistas, casa de turismo, Gasthof 1, rompeolas, Gasthof 2, plaza de portugal. No es cuestión de lo bonitas que sean, que también, sino de optimizar la movilidad peatonal, cosa que unos pasos de cebra SIN SEMÁFOROS, en una vía para vehículos como la del paseo no iguala, además de ser bastante inseguro para peatones y vehículos. Leo bastante bien y hago mucho esfuerzo por ver los beneficios de tu propuesta.

          • slamelov
            slamelov  •  Autor  •  01/07/2016 14:55:55

            Os novos modelos de mobilidade pasan pola redución de semáforos e priorizar os pasos peonís, e para iso ten que haber unha redución da velocidade, o cal conséguese aumentando os pasos peonís, facéndoos elevados e deixar os semáforos so para cruces imprescindibles. As pasarelas peonís elevadas están so aconselladas para vías de alta capacidade, incluso neses casos considérase que é mellor un paso subterráneo... para os vehículos, nunca para peóns, porque se non, volvemos ao mesmo, priorizas os vehículos.

            Non pode ser que para cruzar o paseo marítimo haxa que subir unha pasarela de 5 metros, non é priorizar o peatón, que é o que se pretende. En moitas cidades seguen ese esquema, por exemplo, San Sebastián, por poñer unha cidade semellante. O modelo de pasarelas é dos 70 e 80.

              • mayeuticon

                Quitar los coches está bien, pero ¿cómo articulamos la movilidad entonces?. Lo que estás proponiendo sólo sería viable con un plan de transporte público alternativo, como el que vengo demandando desde que tengo uso de razón. Una vez se detalle ese plan, podemos entrar a debatir la peatonalización, pero por favor no seamos impacientes y caigamos en el error OTRA VEZ, como en La Marina, de correr a batir cemento sin pensar en las consecuencias. Las pasarelas son una solución que yo no descartaría, y cuyo punto débil más importante no tiene que ver con el diseño o la actualidad de las tendencias arquitectónicas sino con el hecho de que el Paseo Marítimo en los últimos años se esta viendo afectado por la subida del mar, lo cual puede devenir en un peligro para la estructura, aunque seguramente sea salvable técnicamente. Un saludo contertulio.

                  • slamelov
                    slamelov  •  Autor  •  04/07/2016 00:40:45

                    Non estou a falar de peonalización, para iso fai falta ter o tren de cercanías. Por iso dicía que non está a ler o que poño. Falo de humanizar, de facer que o paseo marítimo non sexa unha autoestrada onde os coches vaian a 80 km/h, como ocorre agora. E de paso, reducir o seu número, o cal non é o mesmo que peonalizar. Poñendo pasos peonís ao mesmo nivel que as beirarrúas, aumentando o seu número e tamaño e eliminando semáforos para priorizar os peóns, abonda para humanizar todo o paseo, como indico na proposta. Se os coches queren pasar, poderán facelo, pero a outro ritmo. Tamén hai que sacar o carril bici á estrada, especialmente no tramo entre Escravas e Millenium, ocupando o espazo aos vehículos, non aos peóns.

                    O da Mariña non ten nada que ver co que propoño, eso foi unha desfeita.

                    Sen respostas