Na Coruña Contas

  • slamelov
    slamelov  •  Autor  •  04/07/2016 00:40:45

    Non estou a falar de peonalización, para iso fai falta ter o tren de cercanías. Por iso dicía que non está a ler o que poño. Falo de humanizar, de facer que o paseo marítimo non sexa unha autoestrada onde os coches vaian a 80 km/h, como ocorre agora. E de paso, reducir o seu número, o cal non é o mesmo que peonalizar. Poñendo pasos peonís ao mesmo nivel que as beirarrúas, aumentando o seu número e tamaño e eliminando semáforos para priorizar os peóns, abonda para humanizar todo o paseo, como indico na proposta. Se os coches queren pasar, poderán facelo, pero a outro ritmo. Tamén hai que sacar o carril bici á estrada, especialmente no tramo entre Escravas e Millenium, ocupando o espazo aos vehículos, non aos peóns.

    O da Mariña non ten nada que ver co que propoño, eso foi unha desfeita.

    Sen respostas