Na Coruña Contas

  • slamelov
    slamelov  •  Autor  •  01/07/2016 14:55:55

    Os novos modelos de mobilidade pasan pola redución de semáforos e priorizar os pasos peonís, e para iso ten que haber unha redución da velocidade, o cal conséguese aumentando os pasos peonís, facéndoos elevados e deixar os semáforos so para cruces imprescindibles. As pasarelas peonís elevadas están so aconselladas para vías de alta capacidade, incluso neses casos considérase que é mellor un paso subterráneo... para os vehículos, nunca para peóns, porque se non, volvemos ao mesmo, priorizas os vehículos.

    Non pode ser que para cruzar o paseo marítimo haxa que subir unha pasarela de 5 metros, non é priorizar o peatón, que é o que se pretende. En moitas cidades seguen ese esquema, por exemplo, San Sebastián, por poñer unha cidade semellante. O modelo de pasarelas é dos 70 e 80.

      • mayeuticon

        Quitar los coches está bien, pero ¿cómo articulamos la movilidad entonces?. Lo que estás proponiendo sólo sería viable con un plan de transporte público alternativo, como el que vengo demandando desde que tengo uso de razón. Una vez se detalle ese plan, podemos entrar a debatir la peatonalización, pero por favor no seamos impacientes y caigamos en el error OTRA VEZ, como en La Marina, de correr a batir cemento sin pensar en las consecuencias. Las pasarelas son una solución que yo no descartaría, y cuyo punto débil más importante no tiene que ver con el diseño o la actualidad de las tendencias arquitectónicas sino con el hecho de que el Paseo Marítimo en los últimos años se esta viendo afectado por la subida del mar, lo cual puede devenir en un peligro para la estructura, aunque seguramente sea salvable técnicamente. Un saludo contertulio.

          • slamelov
            slamelov  •  Autor  •  04/07/2016 00:40:45

            Non estou a falar de peonalización, para iso fai falta ter o tren de cercanías. Por iso dicía que non está a ler o que poño. Falo de humanizar, de facer que o paseo marítimo non sexa unha autoestrada onde os coches vaian a 80 km/h, como ocorre agora. E de paso, reducir o seu número, o cal non é o mesmo que peonalizar. Poñendo pasos peonís ao mesmo nivel que as beirarrúas, aumentando o seu número e tamaño e eliminando semáforos para priorizar os peóns, abonda para humanizar todo o paseo, como indico na proposta. Se os coches queren pasar, poderán facelo, pero a outro ritmo. Tamén hai que sacar o carril bici á estrada, especialmente no tramo entre Escravas e Millenium, ocupando o espazo aos vehículos, non aos peóns.

            O da Mariña non ten nada que ver co que propoño, eso foi unha desfeita.

            Sen respostas