Na Coruña Contas

  • monicaeiris
    monicaeiris  •  Autor  •  08/10/2019 17:51:50

    O "ditame" do concello pervirte totalmente a proposta presentada.
    Propoñíamos recuperar a fonte, no seu conxunto, non só rehabilitala, e cambiarono pola súa conta, sen falar con ninguén.
    Queren conectalo coa auga da traída, e o manancial está xusto detrás da fonte, e a proposta é recuperalo.
    Se se conecta coa traída xa será imposíbel recuperala máis adiante!!

    Levamos dende o xoves intentando retirar a proposta e non hai maneira.

    Por favor, non a votedes!!

      • ogaiago

        Síntoo, non lin este comentario a tempo e voteina onte, pensando que o Concello entendera que a rehabilitación dunha fonte consistía en reconectala ao manancial que a alimentaba.
        No caso de que esta proposta saia elixida, que entenda o Concello que os votantes apoiamos a reclamación orixinal dos veciños e non a interpretación do concello que se reflicte no informe de custo.

        Sen respostas