A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2019

Recuperación da Fonte dos Caños en Eirís de Abaixo. Patrimonio en perigo.

monicaeiris monicaeiris  •  21/05/2019  •  Distrito 6  •    2 comentarios

fonte_1.jpg
fonte_1.jpg

Código proposta de gasto: 2295

Un dos simbolos históricos de Eirís, xunto co Castelo, ou Fortaleza de Valparaiso, é a Fonte dos Caños. 

Fonte moi antiga, e de auga moi sabedora, que durante anos suministrou de auga potable a xente de boa parte da cidade, que se achegaba a recollela en garrafas. Corría todo o ano.

A partires do 1992, cando nos instalaron o alcantarillado en Eirís de Abaixo, e o posterior asfaltado do camiño que pasa pegado a ela, foi perdendo forza... e auga. 

E dende o inicio das obras do Parque Ofimático, está afogada entre restos de obra e unha beirarúa. 

Como fonte antiga, fermosa, e catalogada, solicitamos ó Concello que rehabilite a Fonte dos Caños e o seu entorno, devolvéndolle o seu valor histórico e devolvéndonos á veciñanza un espazo tan querido. 

Organización: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A rehabilitación desta fonte, incluíndo pintado, pezas novas necesarias, conexión á rede de abastecemento e saneamento suporía un custo de aproximadamente 2500 €."


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • monicaeiris
    monicaeiris  •  Autor  • 08/10/2019 17:51:50

    O "ditame" do concello pervirte totalmente a proposta presentada.
    Propoñíamos recuperar a fonte, no seu conxunto, non só rehabilitala, e cambiarono pola súa conta, sen falar con ninguén.
    Queren conectalo coa auga da traída, e o manancial está xusto detrás da fonte, e a proposta é recuperalo.
    Se se conecta coa traída xa será imposíbel recuperala máis adiante!!

    Levamos dende o xoves intentando retirar a proposta e non hai maneira.

    Por favor, non a votedes!!

      • ogaiago
        ogaiago  • 10/10/2019 12:49:59

        Síntoo, non lin este comentario a tempo e voteina onte, pensando que o Concello entendera que a rehabilitación dunha fonte consistía en reconectala ao manancial que a alimentaba.
        No caso de que esta proposta saia elixida, que entenda o Concello que os votantes apoiamos a reclamación orixinal dos veciños e non a interpretación do concello que se reflicte no informe de custo.

        Sen respostas