Propostas de investimento non viables: Distrito 4
ESTAFETA DE BICICLETAS NA ENTRADA DO PARQUE DE SANTAMARGARIDA
12/09/2022 • • Distrito 4
Na entrada do parque, a que está na Rolda de nelle, existe o lugar perfecto para ter unha estación de bicicletas.
Estreitamento da calzada en favor do peón
24/09/2022 • • Distrito 4
Son moitas as rúas na nosa cidade na que se conta con un ancho de calzada excesivo (en ocasións dá ata a impresión de que se trata de dous carrís de circulación en lugar de un), mentres que a beirarrúa non conta co mínimo que garanta a accesibilidade. Algúns exemplos son os seguintes: rúa Aaiún, rúa Vizcaya, Avenida Peruleiro ou Arquitecto Rey Pedreira. Dende Mobi-liza cremos que estas rúas teñen que ser reordenadas de forma que se gañe espazo para o peón e vexetación, ao tempo que se deixa un ancho razoable para a calzada.
Concretamente, propoñemos unha redistribución do espazo na rúa Nuestra Señora de la Luz, dende o seu cruce con Rúa Alberto Datas Panero e a súa confluencia con Rolda Outeiro. Esta actuación suporía o aumento do ancho das beirarrúas, a colocación de arboreda en alomenos unha das beirarrúas (tratándose dun barrio, ademais, con escasas zonas verdes e vexetación) e o estreitamento da calzada de forma que deixe de estar sobredimensionada.
Sustitución parcial de eucaliptos no parque de Santa Margarita
15/09/2022 • • Distrito 4
Continuar o proceso de eliminación de eucaliptos e outras especies inapropiadas no parque de Santa Margarita por outras especies autóctonas. Para facilitar a realización deste proceso e garantir unha participación máis plural, proponse dividir as áreas de parque en diferentes zonas de actuación, a fin de que a partida sexa dun coste menor á da intervención global e permita a súa realización en diferentes anos.
Deste xeito, a actual proposta alcanzaría como máximo o tope económico fixado por distrito, limitando o técnico a intervención na área ó orzamento.

Ampliación de beirarrúas na rúa Falperra
20/09/2022 • • Distrito 4
Actualmente na rúa Falperra (no treito comprendido entre a Ronda de Nelle e a Rúa Noia) as beirarrúas son estreitas e non chegan ao 1,80 metros de anchura que establece a normativa de accesibilidade. A anchura actual (entre 1,35 e 1,40 metros) dificulta o paso de cadeiras de rodas, carriños de bebe ou simplemente o cruce de dúas persoas. Ademais, en varios puntos a beirarrúa está rota.
Sería necesaria unha renovación completa da beirarrúa, incrementando a súa anchura ata un mínimo de 1,80 metros, eliminando unha das dúas ringleiras de aparcamento, como se fixo na rúa Santander, de anchura semellante.
Renovación e modernización da Plaza de Monforte
12/09/2022 • • Distrito 4
Ante a situación de deterioro desta praza proponse unha renovación da mesma coa intención de mellorar a calidade de vida dos cidadáns dunha contorna cunha importancia estratéxica para a zona polas seguintes razóns:
- É un dos barrios cunha das mais altas densidades de poboación da cidade. Ademáis dita poboación é marcadamente xoven e ten un carácter multicultural.
- Nela desembocan ata 6 rúas, con bloques de edificios, deducíndose a súa función eminentemente residencial. Porén unha parte importante desta praza segue a estar ocupada por espazos para coches.
- É un dos centros de ocio máis importantes da cidade con bares, cafeterías como el Chaflán o el Linde que forman xa parte do patrimonio cultural inmaterial da cidade
- Atópanse lugares de gran tránsito de persoas, como os xulgados ou non moi lonxe a futura estación intermodal.
- Sitúanse numerosas institucións sen ánimo de lucro destinadas a fins sociais como a ONGs ACCEM, Cáritas, Casco e a Asociación de Alcohólicos Anónimos.
Por todo isto pénsamos na necesidade de renovar esta praza dotándoa de servicios de transporte sostibles e o fomento dun ocio saudáble que conviva co xa existente, e a dotación de infraestructuras para mellorar accesibilidade de todas as persoas, indistintamente da súa condición física. Propóñense polo tanto, tres actuacións:
- A instalación dunha parada de bicicoruña na praza
- A instalación dun pequeno gimnasio ao ar libre con barras tanto para facer exercicio físico aeróbico como anaeróbico, para todas as idades e condicións.
- Renovación dos asentoso e da iluminación para fomentar as reunións espontáneas, facendo a praza máis atractiva de cara a pasar tempo nela.
- Destacar o monumento que preside no centro a praza, adicado ás cerilleiras coruñesas, para fomentar a empatía e a comprensión cunhas cidadás traballadoras da nosa cidade, potenciando deste xeito o patrimonio cultural da nosa cidade e os valores que caracterizaron aos seus cidadáns.
4 pasos de peóns por cruce
24/09/2022 • • Distrito 4
Son moitos os cruces na nosa cidade nos que conflúen dúas rúas e, en lugar de haber 4 pasos de peóns, só hai tres. Isto fai que como peón non continúes a liña do desexo, senón que teñas que facer un percorrido laberíntico para poder cruzar unha rúa. Á parte da incomidade que supón, incrementa a distancia a percorrer polo peón, polo que en ocasións se cruza de forma ilegal.
Por iso, dende Mobi-liza propoñemos que este tipo de cruces conten sempre con 4 pasos de peóns. Concretamente, esta proposta realizámola para o cruce das rúas San Isidoro con González del Villar, pero posteriormente pode ser extensible a outras ubicacións.
Na imaxe pode verse en vermello o percorrido que quere facer peón fronte ao que lle obriga o deseño urbano en azul.
abrir e reacondicionar a zona do Parque de Sta. Margarida enriba do Palacio
24/09/2022 • • Distrito 4
Medida que xa se aprobou en orzamentos participativos anteriores pero non se levou a cabo.

Repoñer a rosa dos ventos do Parque de Santa Margarida
24/09/2022 • • Distrito 4
Non sei se fora roubada pero o caso é que o Concello ignorou a súa desaparición
MEJORA PARQUE SANTA MARGARITA
17/09/2022 • • Distrito 4
Mejora integral del Parque de Santa Margarita en todos sus aspectos. El parque es el único gran parque forestal del la ciudad y se encuentra en un estado lamentable. Con la zona del molino-estanque en un estado lamentable y sin uso, con iluminación insuficiente y en mal estado, el firme en mal estado, los parques infantiles del lado este en mal estado, las zonas ajardinadas y la mayoría del mobiliario en mal estado, árboles sin identificar, y sin control o presencia policial. Y recuperar para el parque la cubierta del Palacio de la Ópera, que lleva años abandonado.

Renovación da praza de Rúa Puerto Rico e Rúa Filipinas
17/09/2022 • • Distrito 4
A conservación e renovación dos espazos e zonas verdes no barrio dos Mallos debería ser unha prioridade por parte do Concello, posto que este barrio carecterizase por ter un trazado urbano antiguo, propio da época no que a prioridade era dar vivendas debido ó éxodo rural, co resultado de ser unha zona densificada con poucos espazos públicos e zonas verdes.
Por iso, unha das poucas prazas que existen no barrio como é a praza que se atopa no cruce entre a rúa Puerto Rico e rúa Filipinas debería ser unha prioridade o seu mantemento e renovación para crear un barrio con vida e unha mellora na calidade de vida da veciñanza, conseguindo un espazo púbico verde coidado que poida ser utilizado polos veciños.
Actualmente, a praza atópase completamente abandonada, cunhas zonas verdes repletas de malas herbas e sen xardín, sendo utilizadas polos donos dos cans e gatos callejeros para facer as súas necesidades. A maiores, as árbores existentes creceron demasiado deixando unha estampa de desorden e descoidado. Así, o mobiliario e alumbrado público tamén está deteriorado.
PROPOSTA: Levar a cabo unha actuación para renovar a praza, semellante a realizada na Praza de Padre Rubinos, axustada ó prosuposto dispoñible, podendo axustarse polo que respecta as zonas verdes: a renovación das árbores existentes con especies autóctonas, acometer un reaxardinamento con plantas e flores, cortezas de pino para evitar o crecemento de malas herbas.
Polo que respecta ó mobiliario: sustitución do alumbrado público para conseguir unha mellor iluminación e a sustitución dos bancos deteriorados existentes por outros máis modernos e nos que a xente se poida reunir nas mellores condicións posibles.
Por último, e sendo tamén moi necesario, debería acordarse a creación dunha colonia felina nesta zona, posto que existe unha poboación de gatos callejeros que non está controlada, sendo que actualmente están alimentados pola veciñanza pero non se leva a cabo a súa desparasitación e esterilización para evitar o aumento dos mesmos.