Código proposta de investimento: 3756
Esta petición leva moitos anos pendente. A rúa ten unhas horas para carga e descarga e 24h para os garaxes; pero isto se incumple continuamente: vehículos que pasan a deshora, que van en dirección contraria, pasan por tramos prohibidos, aparcan dentro da rúa,...poñendo en risco as crianzas e ó resto dos veciños. Propoño invertir nunhas cámaras que vixíen e, en caso necesario, multen a estes conductores reincidentes
Localización: Rúa Ángel Senra
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.
Aínda que a intención é boa, penso que a instalación de cámaras non é suficiente disuasión nin sería unha medida capaz de converter a rúa nun espazo de gozo e recreación para a veciñanza. Sen desmerecer a proposta, engadín outra na liña do que veño facendo nos últimos anos en que solicito que se instalen elementos arquitectónicos que nos permitan desfrutar da rúa e non ter que estar sempre á mercé do coche que pasa ou de se viu as cámaras (os sinais de prohibido pasar e de prohibido virar desde as perpendiculares son ben visíbei e non parecen afectar os condutores que os saltan día tras día).
A rúa xa tivo, como saberás, uns bolardos e os romperon. Creo que ata que non afecte ó bolsillo do que por alí pase, nada temos que facer...
Sempre hai algun espabilado aparcado nas esquinas dos cruces de Angel Senra coas suas perpendiculares. SEMPRE.
Mais que unha rúa peonil semella unha base da OTAN, con camións pesados de SCYR-auga circulando a todas horas entre a xente que por alí deambula.