Na Coruña Contas

Volver

Rehumanización de Ángel Senra e instalación de elementos disuasorios do tráfico

David Paz David Paz  •  16/09/2022  •  Distrito 4  • 

Caos en Ángel Senra
Caos en Ángel Senra

Código proposta de investimento: 3894

Esta proposta leva anos sendo das máis votadas do distrito, mais non saíu nunca, segundo se me transmitiu desde o Concello, porque reurbanizar e rehumanizar é "demasiado caro".

Por tanto, a pesar de que xa hai outra proposta (3756) en que se pide peonalizar a rúa con máis rigor, coido que a simple instalación de cámaras non é suficiente nin lle fai xustiza á veciñanza do barrio, pois o que de verdade queremos é unha rúa para gozala e habitala.

A miña proposta, sen desmerecer a xa existente, é:

1 Instalar bancos, maceteiros, fontes... no medio da rúa (asegurando só o paso que necesitaría unha ambulancia, que podería sortear sen problemas estes elementos arquitectónicos), en todos os tramos. Como xa se fixo hai anos na rúa Barcelona.

2 Para optimizar os aparcadoiros da carga e descarga, cumpriría sinalizar con pintura no chan as prazas para transportistas. A necesidade de ter que traballar non pode ser escusa para deixar os furgóns onde é máis cómodo. O espazo debe ser compartido entre peóns e vehículos de traballo, non usurpado por estes últimos (véx. foto do caos que se produce en certas horas).

Desta maneira, penso que a instalación de cámaras de vixilancia sería innecesaria. De calquera maneira, si que cómpre vixilancia e multas para os aparcamentos enriba das beirarrúas, que nos Mallos é "marca da casa".

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • 6d8f76f7-fb35-45c5-ad02-2d5ccea45603

    Eu engadiría algo mais. Nesta rúa, parcialmente peonil, circulan a diario e a tódalas horas do día camións pesados (camións cisterna de SACYR) de mais de 26.000 kg.. Semella que teñen montada a súa base de carga de auga na rúa Angel Senra na confluecia con Rúa Marqués de Figueroa e transitan pola peonil, entre a xente, a pesares de estar sinalizada como circulación prohibida. Unha verdadeira aberración en termos de seguridade, medio ambiente e coidado das rúas; ademais do ataque as persoas que ali residen ou pasean.

    Sen respostas
  • Noemí

    Se pasa unha ambulancia e un camión de bombeiros, cousa que ten que ser, tamén pasan outros coches e non o van respetar (todos levamos sufrindo esto fai anos). Tal e como dixen, ata que nos vaia ó bolsillo non hai nada que facer, e a única solución é poñer cámaras (todos sabemos tamén que a policía pouco multa- e, ás veces, pasan e non din nada). Hai que cortar o problema de raíz, tal e como pasa na Marina, onde o tráfico se limita ós vehículos autorizados.

      • David Paz
        David Paz  •  Autor  •  06/10/2022 17:13:22

        Na miña opinión, Noemí, o paso da ambulancia ou dos bombeiros non ten por que implicar necesariamente deixar toda a rúa libre ao tránsito rodado (se non, repara na rúa Barcelona ou nas rúas da zona vella). Pode permitirse un trazado de emerxencias ou mesmo instalar morróns electrónicos, que se poden baixar e subir á vontade, sen deixar a zona central baleira.
        Actualmente xa existen sinais moi claros que impiden virar e as cámaras tampouco non van ser a solución definitiva se despois as multas non se tramitan ou se pode recorrer contra elas (o multamóbil non eliminou a dobre fila, porque non hai vontade real para aplicalo).
        Daquela, tal e como o vexo, a única posibilidade de que non se circule con total impunidade por Ángel Senra pasa porque sexa fisicamente imposíbel transitar e, por suposto, aparcar na rúa ou nas interseccións.
        Os elementos arquitectónicos, ademais, devolverían a rúa á veciñanza. Eu quero pasear coa miña filla, non que os cafres decidan se saltan ou non as normas.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos