Na Coruña Contas

Volver

Renovación da praza de Rúa Puerto Rico e Rúa Filipinas

xandregarcia xandregarcia  •  17/09/2022  •  Distrito 4  • 

Praza de rúa Puerto Rico e rúa Filipinas
Praza de rúa Puerto Rico e rúa Filipinas

Código proposta de investimento: 3920

A conservación e renovación dos espazos e zonas verdes no barrio dos Mallos debería ser unha prioridade por parte do Concello, posto que este barrio carecterizase por ter un trazado urbano antiguo, propio da época no que a prioridade era dar vivendas debido ó éxodo rural, co resultado  de ser unha zona densificada con poucos espazos públicos e zonas verdes.

Por iso, unha das poucas prazas que existen no barrio como é a praza que se atopa no cruce entre a rúa Puerto Rico e rúa Filipinas debería ser unha prioridade o seu mantemento e renovación para crear un barrio con vida e unha mellora na calidade de vida da veciñanza, conseguindo un espazo púbico verde  coidado que poida ser utilizado polos veciños. 

Actualmente, a praza atópase completamente abandonada, cunhas zonas verdes repletas de malas herbas e sen xardín, sendo utilizadas polos donos dos cans e gatos callejeros para facer as súas necesidades. A maiores, as árbores existentes creceron demasiado deixando unha estampa de desorden e descoidado. Así, o mobiliario e alumbrado público tamén está deteriorado. 

PROPOSTA: Levar a cabo unha actuación para renovar a praza, semellante a realizada na Praza de Padre Rubinos, axustada ó prosuposto dispoñible, podendo axustarse polo que respecta as zonas verdes:  a renovación das árbores existentes con especies autóctonas, acometer un reaxardinamento con plantas e flores, cortezas de pino para evitar o crecemento de malas herbas. 

Polo que respecta ó mobiliario: sustitución do alumbrado público para conseguir unha mellor iluminación e a sustitución dos bancos deteriorados existentes por outros máis modernos e nos que a xente se poida reunir nas mellores condicións posibles. 

Por último, e sendo tamén moi necesario, debería acordarse a creación dunha colonia felina nesta zona, posto que existe unha poboación de gatos callejeros que non está controlada, sendo que actualmente están alimentados pola veciñanza pero non se leva a cabo a súa desparasitación e esterilización para evitar o aumento dos mesmos. 

Localización: Rúa Puerto Rico 4-13-11

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos