Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Propostas de investimento non viables: Distrito 8

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Exemplo Hortas Urbanas

Hortas Urbanas nos terreos municipais xunto o Centro de Menores

30/09/2021  •  MartaPC  •  Distrito 8

Creación de hortas urbanas nos terreos municipais en desuso que hai aledaños ao Centro de Menores do Barrio de Palavea, creando un espazo para o desfrute das veciñas e veciños que queiran facer os seus propios cultivos e carecen de parcelas

Baño seco

WC Para la Ecohuerta de Eirís

21/09/2021  •  Ildefonso  •  Distrito 8

Desde el 2018 las Ecohuertas de Eirís llevan solicitando solución a sus problemas de aguas menores. El perfil de los usuarios de estas instalaciones requieren y demandan este tipo de servicio que lleva tres años sin tenerse en cuenta.

Deserto

Facilitar a vida e o paseo: Papeleiras e bancos en Eirís e Xuxán

04/10/2021  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Consideramos importante ese espazo sexa humanizado, xa que xa é o acceso para moitas vivendas novas, e para moitas preexistentes que conviven cos novos espazos, ademáis dun colexio, sen esquencer que é seguirá sendo zona de paseo.

Dende que se abreu o paso para peóns por parte da zona colindante entre Xuxán e Eirís de Arriba, entre a Estrada de Eirís ata a zona de Montemero, O Foxo e Elviña, é unha zona habitual para moita xente que busca zonas tranquilas para pasear.

Pero ademáis cada día son máis as persoas que viven alí.

Entre toda esa xente, moitas son persoas maiores, que agradecerían ter bancos nos que poder sentarse. Nomeadamente nas máis de 100 escaleiras que comunican Eirís de Abaixo con Eirís de Arriba, onde ata hai pouco estaba o Camiño Real, e o Camiño de Santiago. 

Polo mesmo motivo, nun paseo bastante grande, non hai ningún sitio no que tirar o lixo, e tanto a xente que ven pasear como a veciñanza quixeramos que estivese limpo.

fochancas.jpg

Asfaltado das pistas en Eirís. Máis de 20 anos parcheando as fochancas

04/10/2021  •  monicaeiris  •  Distrito 8

A conexión de Monte do Mero con Pedralonga e con Xuxán. 

Avenida de Montserrat  e conexión co Hospital Oncolóxico,

Camiño da Regueira.

Estrada de Eirís e parte superior da Avenida de Monelos.

Eirís de Arriba.

Eirís de Abaixo.

Lugar da Lamadosa.

LázaroCárdenas.

...

Fochancas nas fochancas, cruces cheos de pedras e area.

Necesitan un asfaltado en condicións. Instalar aliviadeiros para que a auga teña saída, como antes de que se asfaltase por primeira vez. Non ter que poñer planchas metálicas para que os coches non queden atascados, e zonas nas que hai que atravesar 2 palmos de auga. Son moitos anos xa de rebacheos!

Senda a Castro da Laxe

Acondicionar o camiño tradicional de Castro Laxe

30/09/2021  •  MartaPC  •  Distrito 8

Acondicionar como senda peonil o tramo do camiño tradicional dende o Barrio de Palavea ata Castro Laxe que discorre dentro do termo municipal da Coruña, xa que era unha vía moi empregada para o paseo polos maiores do barrio.

A propsta sería acondicionalo cun piso transitable que permitise o paso de peóns e o desfrute dos espazos naturais e patrimoniais que hai nas proximidades deste barrio. dotandoo de un mobiliario urbano mínimo e non invasivo como serían papeleiras e iluminación 

Parque de lecer nos terrenos aledaños o centro de menores de palavea

03/10/2021  •  XESUS  •  Distrito 8

Acondicionamento e humanización dos terreos aledaños ó centro de menores de palavea,con diferentes usos (bancos, céspede, área de descanso, ocio, exercicio xóvenes e adultos, calistenia, hortas urbanas... Plantación de arbolado que actúe de muro vexetal entre o barrio e a Av. Alfonso Molina, contribuíndo así a mellora da calidade de vida, do aire e do conxunto da veciñanza.

Rúa Camilo Veiras

Asfaltado da rúa do Oncolóxico, Doutor Camilo Veiras

22/09/2021  •  MercedesCU  •  Distrito 8

A rúa Camilo Veiras, a do Hospital Oncolóxico, que sube desde as Xubias ata a avenida de Montserrat en Eiris está chea de baches e precisa dun asfaltado urxente. Por outra banda ésta é unha vía moi estreita e con varios treitos nos que non se pode circular en ambos sentidos sin pararse debido a xardíns e beirarúas; precisaría ampliarse para facilitar o paso dos vehículos habituales e moito máis das ambulancias que constantemente chegan ao hospital e a base das ambulancias do 061 que está nesa misma rúa. 

Zona marcada

Dar uso ó campo detrás do Centro de Menores

23/09/2021  •  luciaurresti  •  Distrito 8

Entre o Centro de Menores e o Grupo Santa Cristina hai unha finca que case nunca está cuidada e é orixe de problemas hixiénicos no barrio. Por iso sería un bó investimento adecentar esa zona simplemente con céspede para poder utilizala coas mascotas ou para pasear.