Na Coruña Contas

Volver

Acondicionar o camiño tradicional de Castro Laxe

MartaPC MartaPC  •  30/09/2021  •  Distrito 8  • 

Senda a Castro da Laxe
Senda a Castro da Laxe

Código proposta de investimento: 3381

Acondicionar como senda peonil o tramo do camiño tradicional dende o Barrio de Palavea ata Castro Laxe que discorre dentro do termo municipal da Coruña, xa que era unha vía moi empregada para o paseo polos maiores do barrio.

A propsta sería acondicionalo cun piso transitable que permitise o paso de peóns e o desfrute dos espazos naturais e patrimoniais que hai nas proximidades deste barrio. dotandoo de un mobiliario urbano mínimo e non invasivo como serían papeleiras e iluminación 

Localización: Arredores de Palavea

Proposta en nome de: Asociación Socio-Cultural Campo de Pena - Palavea

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos