Na Coruña Contas

Volver

Facilitar a vida e o paseo: Papeleiras e bancos en Eirís e Xuxán

monicaeiris monicaeiris  •  04/10/2021  •  Distrito 8  • 

Deserto
Deserto

Código proposta de investimento: 3613

Consideramos importante ese espazo sexa humanizado, xa que xa é o acceso para moitas vivendas novas, e para moitas preexistentes que conviven cos novos espazos, ademáis dun colexio, sen esquencer que é seguirá sendo zona de paseo.

Dende que se abreu o paso para peóns por parte da zona colindante entre Xuxán e Eirís de Arriba, entre a Estrada de Eirís ata a zona de Montemero, O Foxo e Elviña, é unha zona habitual para moita xente que busca zonas tranquilas para pasear.

Pero ademáis cada día son máis as persoas que viven alí.

Entre toda esa xente, moitas son persoas maiores, que agradecerían ter bancos nos que poder sentarse. Nomeadamente nas máis de 100 escaleiras que comunican Eirís de Abaixo con Eirís de Arriba, onde ata hai pouco estaba o Camiño Real, e o Camiño de Santiago. 

Polo mesmo motivo, nun paseo bastante grande, non hai ningún sitio no que tirar o lixo, e tanto a xente que ven pasear como a veciñanza quixeramos que estivese limpo.

Proposta en nome de: Asociación Vecoñal de Eirís "Uío Carré"

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A actuación proposta é inviable por estar xa incluida nas obras do Parque Ofimático, recentemente adxudicadas para a súa próxima execución." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos