Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 5

Propostas de investimento non viables: Distrito 5

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Camino actual

Acceso público entre la calle San Pedro de Visma y el parque Adolfo Suárez

30/09/2021  •  16pies  •  Distrito 5

Propongo la creación de una vía pública entre la rotonda de la farmacia de la calle San Pedro de Visma y el parque Adolfo Suárez. 

Actualmente somos muchos los vecinos que utilizamos lo que, creo, es un camino privado con la consecuente molestia para los propietarios. Además, muchas veces el camino no reúne las condiciones adecuadas para ser transitado. 

 

Recuperacion soportais Anden De Riazor

03/10/2021  •  63de4ea3-7b28-47e7-941b-a5e3a084c5b1  •  Distrito 5

É unha mágoa ver os soportais do Anden de Riazor nese estado de abandono, estaria ben recuperalos para algun uso turistico/comercial ou se non se pode polo menos darlles un lavado de cara na parede exterior para q se manteña  limpo e bonito o paseo marítimo nun enclave que é único.

R.4274b66db83c6ce822bea6b5273d8de1.jpg

Arte na rúa en Avenida Habana

02/10/2021  •  Mobi-Liza  •  Distrito 5

Dende Mobi-liza propoñemos a humanización da Avenida Habana mediante a arte. Neste sentido, cremos que sería ideal que esta arte estivese vencellada ao patrimonio indiano. Para a realización desta medida, é precisa unha reordenación do espazo, de forma que se reduza o número de carrís de circulación, pasando de 4 a 2; ampliando a zona peonil do lado das vivendas Esta nova zona peonil sería a empregada para a creación artística. Mediante esta medida non só sería ampliado o espazo peonil, senón que tamén se crearía unha experiencia máis próxima e humana a través da arte.

Musealización y conservación de las baterías de costa del Monte de San Pedro

21/09/2021  •  blaspa  •  Distrito 5

Las baterías de costa del monte de San Pedro, por su ubicación tan próxima al mar, están sufriendo los efectos de la corrosión. Son el gran atractivo del parque, pero hace ya tiempo que se perdió toda la sinaléctica informativa y su estado requiere de una actuación urgente para evitar que el deterioro de las piezas se agudice.

En la zona contigua a los cañones hay unos barracones que se podrían emplear para hacer un pequeño museo sobre la historia de las baterías de costa, recuperando material e imágenes de la época y evitando así su exposición a las inclemencias del tiempo y a los actos vandálicos. 

Como sucede en otras partes del mundo, el museo podría aceptar donativos para la conservación y puesta en valor de este patrimonio militar y, en un futuro, proyectar una actuación más ambiciosa que incluyese la musealización de todos los puestos de observación y las salas de mando de los cañones, ahora condicionada por cuestiones de accesibilidad.

foto parcela

creacion de pistas multideportivas

04/10/2021  •  1d9cffe4-2f8a-4dfd-b99b-28884522967d  •  Distrito 5

Creación de pistas multideportivas de uso público e aberto, na rúa Emilio González López que serviría non sólo para satisfacer a alta demanda de este tipo de espazos para un barrio con moita xuventude e que só dispón de dúas canastas na praza Elíptica para todo o barrio. Ademáis do uso deportivo conseguiríase con esta actuación que a unha parcela municipal que leva anos abandoada sin ningún tipo de uso se lle dé por fin unha saída que poda ser aproveitada pola cidadanía e deixe de ser un criadeiro de maleza e bichería.

Considero que aínda que é unha parcela con certo desnivel se podería acondicionar para poñer nela varias canastas e/ou porterías de futbito, ou incluso facer unhas pistas de pádel ou de tenis, instalacións estas últimas que apenas hai en toda a cidade. 

Galpón na esquina

DEMOLICIÓN DO GALPÓN DE MARIÑEIROS PARA AMPLIAR O PARQUE E AS BEIRARÚAS

22/09/2021  •  A. Martínez  •  Distrito 5

Na esquina do parque dos Mariñeiros quedou un galpón que estreita as beirarúas e non permite rematar o parque, ademais de ser un acumuladeiro de lixo e suciedade.

Proponse a súa elminación e ampliación de beirarúas e parque.

 

 

Esquema do carril bici

Conectar o carril bici nas Esclavas e Riazor

22/09/2021  •  ddd  •  Distrito 5

Circular en bici diante das Esclavas é moi complicado, xa que o carril bici do paseo marítimo acaba abruptamente nesa zona, provocando que haxa un tramo moi longo onde se ten que compartir unha estreita beirarrúa con moitos peóns, o que fai circular aquí perigoso ademais de incómodo. Por iso propoño a creación dun carril bici fronte as Esclavas para conectar o carril bici do paseo marítimo. Vin que o concello ten pensado facer un carril bici pola parte de atrás da escola, mais isto non me parece unha boa solución xa que é moita volta e ademais acaba antes de chegar ao paseo, así que seguiría habendo conflitos cos viandantes. Por iso propoño seguir o modelo que xa se implantou no tramo que vai desde esa zona até o Millenium e quitar un carril de tráfico ou a liña de aparcadoiro para facelo. Isto é viábel porque, como xa se dixo antes, xa se quitou un carril no tramo anterior sen moitos problemas, e neste tramo non pode entrar máis tráfico, polo que non ten por que haber maior problema que na sección anterior.

Nesta proposta tamén se inclúe acondicionar o tramo asfaltado do tranvía ás bicis desde as Esclavas até o carril bici que vai xunto a praia e facer que os corredores vaian na zona para peóns, porque é moi perigoso facer que as bicis vaian por alí.

O Portiño

Más autobuses en la zona del portiño

27/09/2021  •  gabarri.jr11  •  Distrito 5

La zona del portiño, hay muchos jovenes estudiantes que necesitan desplazarse por Coruña pero sin embargo no es muy frecuente que pasen autobuses por mi zona ya que solo pasa el 3 y 3A  y solo pasa una vez, es necesario que pasaran el 14 o el 12 porque hay personas mayores que necesitan moverse y no saben y no tienen con que, personas jovenes y estudiantes que necesitan ir a clase o hacer algun papel y no pueden desplazarse en el bus y da pena tener la tarjeta sin poder utilizarla porque te desplazas por cualquier sitio pero ningun  bus se acerca al Portiño y en pleno siglo XXI da mucha pena que por un barrio frecuentado habitualmente por gente no de llegado un bus habiendo parada.

Esto favoreceria a tener menos consumo y ser mas participes del transporte público lo agradeceria todo el mundo y el medio hambiente tambien.

Reparación aceras calle colombia

24/09/2021  •  titofermen  •  Distrito 5

Las aceras dela calle colombia correspondiente a los números pares, debería ser reparada al igual que ha sido reparado todo el entorno, excepto la acera del lado de los números pares (8 has el 26).

Todas las calles ayacentes han sido reparadas olvidando este tramo.

cadarso.jpg

Eliminación da mediana na Rúa Almirante Cadarso

01/10/2021  •  adrivigl  •  Distrito 5

Problema

Na Rúa Almirante Cadarso, a mediana pintada que hai ao longo de case toda a súa extensión atópase constantemente ocupada por vehículos estacionados como se a mediana fosen prazas de aparcamento (Como se pode ver na primeixa imaxe). Isto supón un perigo para os peóns que tratan de cruzar a rúa xa que os vehículos que están a circular pola rúa non teñen visión sobre o paso de peóns para ver se está a cruzar algúen ata que este se atopa completamente sobre o paso (Isto pode apreciarse na segunda imaxe na que a parte dianteira do coche gris xa está sobre a liña branca e a persoa que conduce aínda non ve se está a cruzar alguén). Isto agrávase no caso dos nenos que viven na zona ou que se desplazan a algún dos colexios que hai nas proximidades xa que, dependendo da súa idade, teñen aínda menos visibilidade.

Posible Solución

Unha posible solución para eliminar esta mediana podería ser ampliar polo menos unha das beirarúas que actualmente, debido ao estreita que é, está completamente inutilizada polos vehículos estacionados, tal e como se pode ver na terceira imaxe.