Na Coruña Contas

Volver

Eliminación da mediana na Rúa Almirante Cadarso

adrivigl adrivigl  •  01/10/2021  •  Distrito 5  • 

cadarso.jpg
cadarso.jpg

Código proposta de investimento: 3397

Problema

Na Rúa Almirante Cadarso, a mediana pintada que hai ao longo de case toda a súa extensión atópase constantemente ocupada por vehículos estacionados como se a mediana fosen prazas de aparcamento (Como se pode ver na primeixa imaxe). Isto supón un perigo para os peóns que tratan de cruzar a rúa xa que os vehículos que están a circular pola rúa non teñen visión sobre o paso de peóns para ver se está a cruzar algúen ata que este se atopa completamente sobre o paso (Isto pode apreciarse na segunda imaxe na que a parte dianteira do coche gris xa está sobre a liña branca e a persoa que conduce aínda non ve se está a cruzar alguén). Isto agrávase no caso dos nenos que viven na zona ou que se desplazan a algún dos colexios que hai nas proximidades xa que, dependendo da súa idade, teñen aínda menos visibilidade.

Posible Solución

Unha posible solución para eliminar esta mediana podería ser ampliar polo menos unha das beirarúas que actualmente, debido ao estreita que é, está completamente inutilizada polos vehículos estacionados, tal e como se pode ver na terceira imaxe.

Localización: Rúa Almirante Cadarso

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos