Na Coruña Contas

Volver

Conectar o carril bici nas Esclavas e Riazor

ddd ddd  •  22/09/2021  •  Distrito 5  • 

Esquema do carril bici
Esquema do carril bici

Código proposta de investimento: 3000

Circular en bici diante das Esclavas é moi complicado, xa que o carril bici do paseo marítimo acaba abruptamente nesa zona, provocando que haxa un tramo moi longo onde se ten que compartir unha estreita beirarrúa con moitos peóns, o que fai circular aquí perigoso ademais de incómodo. Por iso propoño a creación dun carril bici fronte as Esclavas para conectar o carril bici do paseo marítimo. Vin que o concello ten pensado facer un carril bici pola parte de atrás da escola, mais isto non me parece unha boa solución xa que é moita volta e ademais acaba antes de chegar ao paseo, así que seguiría habendo conflitos cos viandantes. Por iso propoño seguir o modelo que xa se implantou no tramo que vai desde esa zona até o Millenium e quitar un carril de tráfico ou a liña de aparcadoiro para facelo. Isto é viábel porque, como xa se dixo antes, xa se quitou un carril no tramo anterior sen moitos problemas, e neste tramo non pode entrar máis tráfico, polo que non ten por que haber maior problema que na sección anterior.

Nesta proposta tamén se inclúe acondicionar o tramo asfaltado do tranvía ás bicis desde as Esclavas até o carril bici que vai xunto a praia e facer que os corredores vaian na zona para peóns, porque é moi perigoso facer que as bicis vaian por alí.

Localización: Zona das Esclavas e Riazor

Informe de inviabilidade

A proposta foi calificada como INVIABLE porque existe unha proposta gañadora en anteriores edicións para a realización dun carril bici que une o mesmo trazado, pero ao carón do mar, e a obra está xa está en licitación.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos