Na Coruña Contas

Volver

Corredor ciclable entre Praza de Ourense e Paseo Marítimo

ddgrandio ddgrandio  •  04/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Captura.JPG
Captura.JPG

Código proposta de investimento: 3557

A proposta trata de dotar á rede ciclista dunha conexión simple e rápida entre os dous principais corredores ciclables da cidade, istos son, o Carril Bici Metropolitano polo lado da ría e o Paseo Marítimo polo lado mar do istmo da cidade. Por esta mesma razón, xa que esta proposta formaría parte da rede principal de vías ciclables da Coruña, propónse como inversión de cidade. Preténdese conectar diferentes localizacións con gran carga comercial e peonil como a praza de Lugo e a Praza de Pontevedra (futura peonalización da rúa San Andrés). Esta conexión pretende non só conectar os dous eixos ciclables, senón tamén dar un acceso á espiña dorsal da cidade habilitando roteiros máis protexidos cando as inclemencias meteorolóxicas afectan ós extremos mar e ría. 

Ademáis de constituir unha conexión entre as principais vías, a proposta ten a potencialidade de conectar co futuro eixo peonil do centro do istmo (Rúa San Andrés).

De cara a moderar a inversión precisa propónse en varios tramos habilitar un carril bici segregado en contrasentido e o calmado do tráfico mediante medidas físicas (pasos de peóns elevados, único carril de circulación) para uso compartido bicicleta/vmp/coches.

Documentos (1)

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: O carril bici nesas rúas é incompatible técnicamente coas actuacións previstas para esas zonas. Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • maudv

    Isto paréceme absolutamente necesario e resúltame sorprendente que non exista xa, posto que no estado actual os ciclistas vense obligados a compartir calzada en zonas con certo risco (juana de vega) ou dar rodeos para buscar rutas máis seguras, polo que a xente acaba circulando en bici por zonas prohibidas (beirarrúas).

    A única puntualización que faría é que, polo que entendo do dossier, en Padre Feijoo proponse un carril-bici segregado en dirección Riazor e un carril compartido (sharrow) en dirección praza de ourense. Creo firmemente que pintura non equivale a infraestructura e que, como se comproba no resto da cidade onde existen, os sharrows non son seguros para os ciclistas, especialmente para os máis vulnerables (nenos ou xente maior). Esto derivaría en que moita xente acabaría entrando no carril segregado en dirección contraria para buscar seguridade.
    Ao meu modo de ver, habería que eliminar un carril de aparcamento e crear un carril bici segregado bi-direccional.

  • inhakitomas

    De acordo con esa conexión necesaria, pero con un carril segregado en direción á Praza de Ourense.
    Utilizo este percorrido a diario pola mañá, e a altura da Praza de Lugo hai siempre dobre fila de camións de reparto, co carga e descarga xa ocupado, impedindo circulación fluida de coches e bicis.
    Na niña opinión debería crearse un carril bici pegado á beirarúa do Gadis, eliminando as prazas de aparcamento dese lado, e deixando todo o contrario de carga e descarga en horario laboral.
    Necesario tamén prolongar o carril en Padre Feijoo. En Teresa Herrera non hai problema.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos