Na Coruña Contas

  • maudv

    Isto paréceme absolutamente necesario e resúltame sorprendente que non exista xa, posto que no estado actual os ciclistas vense obligados a compartir calzada en zonas con certo risco (juana de vega) ou dar rodeos para buscar rutas máis seguras, polo que a xente acaba circulando en bici por zonas prohibidas (beirarrúas).

    A única puntualización que faría é que, polo que entendo do dossier, en Padre Feijoo proponse un carril-bici segregado en dirección Riazor e un carril compartido (sharrow) en dirección praza de ourense. Creo firmemente que pintura non equivale a infraestructura e que, como se comproba no resto da cidade onde existen, os sharrows non son seguros para os ciclistas, especialmente para os máis vulnerables (nenos ou xente maior). Esto derivaría en que moita xente acabaría entrando no carril segregado en dirección contraria para buscar seguridade.
    Ao meu modo de ver, habería que eliminar un carril de aparcamento e crear un carril bici segregado bi-direccional.