Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

maudv maudv

Comentarios
Corredor ciclable entre Praza de Ourense e Paseo Marítimo
Isto paréceme absolutamente necesario e resúltame sorprendente que non exista xa, posto que no estado actual os ciclistas vense obligados a compartir calzada en zonas con certo risco (juana de vega) ou dar rodeos para buscar rutas máis seguras, polo que a xente acaba circulando en bici por zonas prohibidas (beirarrúas). A única puntualización que faría é que, polo que entendo do dossier, en Padre Feijoo proponse un carril-bici segregado en dirección Riazor e un carril compartido (sharrow) en dirección praza de ourense. Creo firmemente que pintura non equivale a infraestructura e que, como se comproba no resto da cidade onde existen, os sharrows non son seguros para os ciclistas, especialmente para os máis vulnerables (nenos ou xente maior). Esto derivaría en que moita xente acabaría entrando no carril segregado en dirección contraria para buscar seguridade. Ao meu modo de ver, habería que eliminar un carril de aparcamento e crear un carril bici segregado bi-direccional.
Apertura de la c/Javier López entre la Avda. Casanova de Eirís y la del Pasaje
Considero que non suporía un aforro tan considerable de tempo para os conductores respecto á situación actual, posto que pódese chegar á avenida da Pasaxe polas rúas Jose María Hernansaez/Salcedo Molinuevo. Ademas suporía desaproveitar unha oportunidade de fomentar e mellorar as zonas verdes do barrio, por exemplo puidendo facer un bosque dende a Renault ata o parque de Eiris.