Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Revivir a Cidade Vella

23/06/2016  •  maria21  •  Toda a cidade

Que se reactive a zona que está moi desaproveitada, non ten que ser algo molesto e nocturno. Un mercadillo unha vez o mes sería un bo comezo e axudaria os comerciantes do entorno.

IMPLEMENTAR O PROXECTO " O PASEO DE JANE".

21/06/2016  •  becky  •  Toda a cidade

Baseado na obra da activista Jane Jacobs. A xente da cidade reune-se para visitar os barrios da cidade ( pode ser xente do mesmo barrio pero tamén de outros) para ver, examinar, comentar as necesidades dun barrio en concreto.

Adxunto o blog de O paseo de Jane da cidade de Madrid ( hai moitas cidades no mundo e algunhas españolas onde se celebran estes paseos).

Parque na zona dos Mariñeiros

23/06/2016  •  slamelov  •  Toda a cidade

Na zona dos Mariñeiros, entre a Rotonda do Pavo Real e a Rúa Lagares, hai unha zona verde inaccesible que poderían arranxar e crear aí un espazo natural, aproveitando as árbores e outras especies vexetais da zona, pero sen facer o típico parque artificial, se non que teña aspecto natural, sen herba segada todos os días, como soe acontecer. Incluso deixar un espazo para hortas urbanas, que de feito hai xa unha, aínda que é privada. Podería ter conexión co parque infantil.

 

cámara de vigilancia

23/06/2016  •  bertorella  •  Toda a cidade

En la plaza del abuelo todos los días se juntan chavales fumando porros y tenemos incidentes de todo tipo, estariamos más seguros con una cámara que nos vigilara conectada con la policia.

AMPLIACION PARQUE INFANTIL FABRICA DE TABACOS

10/06/2016  •  isareimundez  •  Toda a cidade

O parque infantil que esta ubicado na nova Praza da Fábrica de Tabacos só ten 4 columpios, un tobogán e dous banban. É posible ampliado porque ten zona axardinana a un estremo que pode reducirse. Calquer día as seis da tarde hay 30 o 40 nenos cos seus pais na zona.

Acollida de persoas recén saidas de centros penitenciarios

20/06/2016  •  yolandass  •  Toda a cidade

Haberá vivendas municipais ás que se lle pode dar un uso social. Penso que a acollida á persoas que acaban de sair do cárcere e non teñen un lugar onde empezar/retomar a súa vida, é fundamental para a súa reinserción social. Poderíase contar con persoas voluntarias e/ou contratadas que poderían colaborar con elas para unha búsqueda de traballo activo, habilidades sociais...

Se estas persoas son axudadas nun primeiro momento, será máis fácil que se readapten a súa nova situación o que podería facelos menos dependentes dos servizos sociais a longo prazo.

Grazas!

Arreglo de aceras

23/06/2016  •  maroto  •  Toda a cidade

Arreglo  de las aceras para ampliarlas y hacerlas más cómodas para los ciudadanos, sobre todo para aquellos que tienen dificultad en su movilidad. Por ejemplo, el tramo de acera que se sitúa en la Avenida de Oza, desde el número 254 hasta la confluencia con Avenida da Pasaxe (pasa por delante del colegio Sal Lence), así como en el otro lado de la calle.. Dicho tramo de acera quedó sin arreglar cuando se realizaron las obras de la avenida de Oza. Solicito también la colocación de bolardos en aquellas aceras en las que es habitual que los coches aparquen encima de la acera con la consiguiente molestia e, incluso, peligro para los viandantes que debemos bajarnos a la carretera, como por ejemplo, en mi caso que vivo en Os Castros sufrimos esta situación en la calle Buenavista, la acera es muy estrecha (los coches suelen estar aparcados delante de la puerta trasera del colegio Sal Lence),y en Avenida da Pasaxe desde el número 45 hasta la rotonda de Os Castros.

Metro lixeiro.

10/06/2016  •  Iván Seoane  •  Toda a cidade

Levar ao cabo o metro lixeiro que percorra as avenidas máis importantes. (Ronda Outeiro-Intermodal-CHUAC-Centro cidade, etc...) Con paradas cada certo tempo.

Fomento da cultura: habilitación de espazos/servizos publicitarios públicos

17/06/2016  •  davidfb  •  Toda a cidade

A nosa cidade está chea de espazos xeradores de cultura, mais a maior parte das veces o fracaso destas propostas ten moito que ver coa dificultade de chegar a un público obxectivo en tempo e de maneira efectiva. Cantas veces temos pensado que non hai oferta cultural na cidade cando, sen embargo, o meirande problema é que sí que se fan cousas pero non nos enteramos?

Sabendo que a rúa é un canle fundamental para a comunicación pola súa capacidade de chegar a todo o mundo, dende sempre os espazos xeradores de cultura recurriron á distribución de cartelería por zonas concurridas para tratar de publicitar os seus eventos. Esta é unha práctica á marxe da legalidade, que contribúe ao empobrecemento da paisaxe urbana, e que require de recursos que non están ao alcance de todas e de todos. Compre proveer dunha alternativa gratuita, xusta e que sexa beneficiosa tanto para quen potencia a cultura, como para quenes a consumimos, que somos todas e todos.

A solución podería pasar por ofrecer espazos públicos ben situados e distribuidos nos que publicitar toda sorte de eventos que vaian acontecer na cidade. Estos espazos poderían imaxinarse como lugares nos que físicamente colocar cartelería ou, indo máis aló, como pantallas nas que se presenten os deseños da cartelería enviados telemáticamente, mediante unha web que centralice o servizo. Esta segunda opción aproveitaría moito mellor o espazo e permitiría a definición de algoritmos encargados de xestionar e preservar un uso xusto e equilibrado do servizo.

Un segundo canle posible para a difusión dos eventos culturais, sería a creación dun recurso web que permita a consulta da axenda de eventos na cidade, aberta a que calquera poida participar. Algo así como a axenda cultural da web do Concello pero aberta a tódalas iniciativas da cidade e non só ao programa institucional (se é que non o está xa, porque non hai ningunha explicación ao asunto e dende logo o panorama non invita a participar). Varios e moi variados intentos se teñen feito para tratar de conseguir a axenda online definitiva da cidade, pero todas acaban perecendo ao non dispor dun respaldo que as coloque nun lugar visible e as achegue ao groso da cidadanía para que poidan madurar como plataforma e manterse como servizo de referencia.

Este segundo canle podería estar ligado ao primeiro no caso de optar por unha solución vía telemática e conformar en conxunto un único servizo integrado, fácil e accesible pola cidadanía. O mesmo proceso para incluir un evento na axenda podería incluir a achega do material gráfico adecuado para incorporalo ao circuito de publicidade na rúa, que, á súa vez, podería ser unha vista web simplificada e dispoñible públicamente (en lugar de seren unha interfaz específicamente creada para a rede de puntos publicitarios), de maneira que se puidese instar a que calquera establecemento que dispoña dunha pantalla conectada a internet, poida á súa vez proxectar esta interfaz como servizo aos seus clientes e as súas clientas. Penso no exemplo de locais de hostelería que queiran ter no seu televisor o mesmo carrusel de anuncios de eventos culturais que se pode ver nos puntos publicitarios na rúa.

En definitiva, en tempos tan complicados como estes máis que nunca, o apoio á cultura é imprescindible e, se con elo facemos desta unha cidade máis moderna e máis limpa, aínda mellor :)

Ampliación horario do bus urbano

09/06/2016  •  isidrocea  •  Toda a cidade

Que ás 22'30hs estea saíndo o derradeiro autobús do día, non semella un bó xeito de pedirlle á cidadanía que "vaia onde vaia, vaia en autobús" ¿non sí? Ampliar o horario pola mañá e pola noite pode ir no camiño de conseguir o propósito de reducilo tráfico na cidade.