Na Coruña Contas

Volver

Fomento da cultura: habilitación de espazos/servizos publicitarios públicos

davidfb davidfb  •  17/06/2016  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 2585

A nosa cidade está chea de espazos xeradores de cultura, mais a maior parte das veces o fracaso destas propostas ten moito que ver coa dificultade de chegar a un público obxectivo en tempo e de maneira efectiva. Cantas veces temos pensado que non hai oferta cultural na cidade cando, sen embargo, o meirande problema é que sí que se fan cousas pero non nos enteramos?

Sabendo que a rúa é un canle fundamental para a comunicación pola súa capacidade de chegar a todo o mundo, dende sempre os espazos xeradores de cultura recurriron á distribución de cartelería por zonas concurridas para tratar de publicitar os seus eventos. Esta é unha práctica á marxe da legalidade, que contribúe ao empobrecemento da paisaxe urbana, e que require de recursos que non están ao alcance de todas e de todos. Compre proveer dunha alternativa gratuita, xusta e que sexa beneficiosa tanto para quen potencia a cultura, como para quenes a consumimos, que somos todas e todos.

A solución podería pasar por ofrecer espazos públicos ben situados e distribuidos nos que publicitar toda sorte de eventos que vaian acontecer na cidade. Estos espazos poderían imaxinarse como lugares nos que físicamente colocar cartelería ou, indo máis aló, como pantallas nas que se presenten os deseños da cartelería enviados telemáticamente, mediante unha web que centralice o servizo. Esta segunda opción aproveitaría moito mellor o espazo e permitiría a definición de algoritmos encargados de xestionar e preservar un uso xusto e equilibrado do servizo.

Un segundo canle posible para a difusión dos eventos culturais, sería a creación dun recurso web que permita a consulta da axenda de eventos na cidade, aberta a que calquera poida participar. Algo así como a axenda cultural da web do Concello pero aberta a tódalas iniciativas da cidade e non só ao programa institucional (se é que non o está xa, porque non hai ningunha explicación ao asunto e dende logo o panorama non invita a participar). Varios e moi variados intentos se teñen feito para tratar de conseguir a axenda online definitiva da cidade, pero todas acaban perecendo ao non dispor dun respaldo que as coloque nun lugar visible e as achegue ao groso da cidadanía para que poidan madurar como plataforma e manterse como servizo de referencia.

Este segundo canle podería estar ligado ao primeiro no caso de optar por unha solución vía telemática e conformar en conxunto un único servizo integrado, fácil e accesible pola cidadanía. O mesmo proceso para incluir un evento na axenda podería incluir a achega do material gráfico adecuado para incorporalo ao circuito de publicidade na rúa, que, á súa vez, podería ser unha vista web simplificada e dispoñible públicamente (en lugar de seren unha interfaz específicamente creada para a rede de puntos publicitarios), de maneira que se puidese instar a que calquera establecemento que dispoña dunha pantalla conectada a internet, poida á súa vez proxectar esta interfaz como servizo aos seus clientes e as súas clientas. Penso no exemplo de locais de hostelería que queiran ter no seu televisor o mesmo carrusel de anuncios de eventos culturais que se pode ver nos puntos publicitarios na rúa.

En definitiva, en tempos tan complicados como estes máis que nunca, o apoio á cultura é imprescindible e, se con elo facemos desta unha cidade máis moderna e máis limpa, aínda mellor :)

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos